domingo, 6 de mayo de 2012

Por fin o acadaron (noraboa Sr. Ministro)


   Por fin o acadaron, están a un paso de porlle punto e final a unha cidade milenaria, de remata-lo traballo que outros cortesáns sin escrúpulos, como os actuais e coa mesma ética, escomenzaron fai uns 150 anos cando 4 "fenómenos" dende a famosa "Villa y Corte" estimaron "oportuno y conveniente" arruinalo futuro do noso benquerido Mondoñedo cando fixeron desaparecer a nosa provincia en favor de Lugo e Oviedo coa reforma do mapa provincial de España.


   Poden estar moi orgullosos os que por acción ou omisión foron retirando servizos e illando a nosa cidade ata convertirnos nunha pequena vila dunha esquina do mapa, con unha catedral e unha gran ponte para que non se diga que nos deixaron completamente esquecidos. Non só se poden gabar de semellante fazaña os grandes homes de estado que coa teima dos recortes e no sometemento a Berlin (quén o diria fai 70 anos) nos están a abasallar, se nón, os que tanto en Santiago como en Lugo e mesmo no propio Mondoñedo colaboran co punto e final da nosa Cidade. Uns señores e señoras que por un sofá e un emprego mais ou menos fixo nos abandonan a nosa sorte deixando de lado o seu verdadeiro compromiso, MONDOÑEDO, a defensa dos veciños e o verdadeiro servizo público.


   Con estas liñas quero agradecer a D. Mariano ao Sr. Gallardón, e tamén ao Sr. Feijoo e a Dña. Elena Candia, asi como aos governos local e provincial, por sacarnos o derradeiro vestixio de cidade que nos quedava, OS XULGADOS, si señores lévanos para Viveiro que xa se ve San Roque e todos calan como petos, pois que todos os veciños se lembren de quenes foron os artifices do feito prá que os nosos netos teñan presente a quen agradecerlle o teren que emigrar e olvidar a que noutrora fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia.


   Só nos queda esperar a que o TSXG faga un informe desfavorable desta tropelía e os responsables desta reforma mediten si é realmente ista a solución.


Ricardo Lombardia. Voceiro de Converxencia Galega de Mondoñedo.