miércoles, 4 de mayo de 2011

COMO QUENTAR A AUGA DA PISCINA MUNICIPAL

A BIOMASA  E  MONDOÑEDO

Neste video podemos comprobar a singularidade de unha planta de biomasa.

Mondoñedo ten todas as condicións para que se instale unha ou dúas plantas de biomasa con una capacidade de 2Mw de producción eléctrica cada una.O gasificador e os xeneradores eléctricos, producen calor residual que se poden aproveitar para quentar a auga.
O polígono de San Lázaro, reúne todas as condicións(antigua fábrica de parquet) , evacuación eléctrica e as cercanías da piscina, incluso os bloques de vivendas das Malvinas, poden aproveitarse do calor residual.
A Xunta e o concello terían que axilizar a concesión administrativa e realizar a inversión do tramo da traída de auga quente cara a piscina, que non dista máis de 600m ida e volta.
O coste da planta de biomasa sería de 8M €, habría que buscar un inversor que acometerá o proxecto, as condicións son óptimas para ámbalas partes, con rentabilidades que permiten a viabilidade do proxecto ó inversor e ó concello.
Os beneficios para o concello serían:
-Crearía 10 postos de traballo cada planta de 2Mw.
-Indirectamente cuadriplicaríanse outros tantos postos de traballo con cultivos enerxéticos en distintas partes do concello(montes vecinais de viloalle,argomoso…)
-Recollida de residuos forestales de limpeza de montes, prevención de incendios.
-Valor engadido dos montes privados e comunais.
-Auga quente gratuita para a piscina

As plantas de biomasa según o decreto 661/2007,favorece que se realice no chamado District Heating(aproveitamento do calor residual dos motores e do gasificador),que se utilizará para quentar auga da psicina, tendo o concello de Mondoñedo agua quente durante todo o ano GRATUITAMENTE.
Necesitaríase un plan de viabilidade, necesario porque o concello tería que aportar as modificacións das instalación e a traída da auga quente. Os postos de traballo que crearían serían as de socorristas e de mantemento, creando así EMPREGO XUVENIL.
Con este proxecto, ademáis, revitalízanse a zona do campo de fútbol, piscina e pabellón que conlevaría  máis actuacións e estarían en mellores condicións as actividades deportivas.





J.L.Fernández

2 comentarios: