Para tod@s aqueles que por unha ou oputra razón non pudestes acudir o mitin de Converxencia Galega, déixovos aquí a copia da miña intervención en dito mitin, na miña calidade de candidato da lista de CG
"Boas tardes a todos e todas.
…”Ninguén fara mais por Mondoñedo”…..modestia aparte
…”Para que gañe Mondoñedo”…. Éstos como o Madrid ficharon un Mourinho
E por último:
…”Hai futuro en Mondoñedo”… si señor, unha auténtica profecía
Frases que serían orixinais, de non ser porque os que dín que ninguén faría mais por Mondoñedo tamén o dín por Alfoz, por Burela, Viveiro, O Vicedo e Xove; parece que se xuntaron todos os modestos, bueno, menos un que vai en outro lado.
Os que dín que, para que gañe Mondoñedo, tamén o dín para que gañe, Alfoz, Foz, Viveiro, O Vicedo, Valadouro, Burela, Xove, e incluso Lugo, o dito, como o Madrid de Florentino
E por último o grupo dos profetas que tamén dín que hai futuro en Burela, Alfoz, Viveiro, Xove, Cervo, e Valadouro.
Bueno agora, coñas aparte, ¿que nos quere decir todo esto? Pois que toda esta xente está completamente dirixida dende a cabeceira dos partidos, e aos partidos lles importa pouco o futuro de Mondoñedo, que gañe ou perda Mondoñedo ou quen fará mais ou menos por Mondoñedo, porque así foi durante mais de trinta anos de democracia e porque a eles somente lles importa o voso voto para acadar outros logros e os seus representantes mindonienses para medrar unha miguiña mais dentro do partido.
Nos veñen agora decindo que é importante para Mondoñedo que gobernen os mesmos que rixan España, en Galicia, e probablemente na deputación, e eu digo mentiras, entre os anos 2001 e 2004, gobernaba España o Señor das Azores, na Xunta ainda andaba Manoliño de Vilalba dando a tabarra, na deputación de Lugo mandaba o señor Feudal que estivo mais de vinte anos alí coa sua cacharrería, e no noso Mondoñedo estaba de alcalde o herdeiro da coroa mindoniense, ¿e de qué valeu todo aquello?
Pois para que Mondoñedo perdese a condición de ter 13 concellais o caer a poboación por baixo dos 5.000 habitantes.
Lembro que antes decíamos, sempre gañan os mesmos, a ver si algún día cambia esto, ben aquello pasou, Os outros partidos tamen xa nos gobernaron nalgún momento, e todos eles fracasaron no meirande problema que ten Mondoñedo, A CAIDA DO CENSO DE POBOACION, os datos están ahí: O padrón no ano 2010 según o Instituto nacional de Estadística era de 4.406, un ano antes, no 2009 era de 4.508, e decir perdemos unha media de 100 habitantes por ano, botade contas, dentro de vinte anos estaremos a altura de concellos como A Ribeira de Piquín, Baleira, Bóveda, ou Folgoso do Caurel,
Amigos, deixémonos de milongas, que nos están vendendo a moto dende fai moitos anos, e nos lle lo estamos permitindo a cambio de uns pequenos agasallos como un polideportivo, unha piscina ou un centro de saude que calquera concello, por pequeño que sexa, se pode permitir, claro está que tamén nos meteron na grandiosa Mancomunidade da Mariña, os problemas de moitos mariñáns ían desaparecer con esta agrupación. ¿E Mondoñedo que pinta ahí? Logo de mais de vintecinco anos de pertecer a Mariña o único que nos tocou no reparto de beneficios foron duas ducias de gaivotas.
Pero aquí estamos nos para decir BASTA XA, basta xa de mexar por nos e ter que decir que chove, O grupo de Converxencia Galega somos xente coma vos que estamos fartos de tanta milonga, fartos de escoitar que temos o que merecemos, e fartos que cada catro anos, todos digan que Mondoñedo vai a cambiar. Nos sí que queremos o mellor para Mondoñedo, Porque sí que é posibel que Mondoñedo se frene na sua caída, e volte a recuperar o prestixio perdido en todos estos anos.
A nosa meirande preocupación vai ser, xa non deter esa caída en picado do censo, senón facerlle medrar de novo, e para iso propoñemos entre outras medidas que cada fillo nacido e censado en Mondoñedo teña unha axuda de 1.500 €, e non é unha fantasía, ainda que ben sabedes do precario estado das arcas municipais, pero si outros se permiten poñer dous soldos por dedicación exclusiva, nos, esos mesmos cartos os queremos destinar a todos os mindonienses que sodes de verdade quen a nos nos preocupa.
Fai uns días poñía eu na boca de Chendo (para quen non o coñeza, e o noso patrón e fago unha tira humorística entre él e Cunqueiro falando dos problemas de Mondoñedo), decía que poñía eu na boca de Chendo que me daba pena ver como cada catro anos a pouquiña xente que quedamos aquí, nos dividísemos ainda mais; imaxinádevos que a xente de San Lázaro tirase para un lado, os dos Muiños para outro, a xente dos Remedios para outro distinto, e a do centro para o contrario, pois eso está a pasar cando chegan as eleccións; eu tamén propoñía que gañase quen gañase os comicios, fosen os catro partidos quen formasen goberno, sen alianas de dous ou de tres, ¿acaso non e mellor que traballen once persoas que non somente seis?
Un exemplo mui significativo que nos pasa bastante desapercibido, ¿sabedes cal é o festexo de Mondoñedo mellor organizado? Sí, o mercado Medieval, ¿e sabedes o porqué? Mui sinxelo, porque todos traballamos dando o callo sen importarnos que nos dirixe. Claro, non faltou quen me chamase iluso, e quen dixo que iso era imposible de conquerir. Non digo que sexa sinxelo, pero se todos os nosos políticos mirasen po lo ben de Mondoñedo, seguro que o conqueriríamos.
E outra cousa mui importante traería esto, que o goberno de Mondoñedo sería para todos os mindonienses por igual, ¿cantos de vosoutros padeceu algunha vez, ou coñece alguén que lle acontecera, que non valese para algún posto de traballo asiñado para o concello, porque as suas ideas non eran acordes coa cor dos que gobernaban ou non tiña un amigo ahí metido? ¿Cantas veces se creou un posto de traballo o cal somente lle faltaba decir na sua demanda: o solicitante deberá chamarse Fulanito de Tal?
Pois con todo iso queremos acabar, Todos os mindonienses deben ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos, sen distinción de clases ou amiguismos, Xa está ben de tanto mangoneo.
Amigos o vindeiro luns 23 voltaremos a ter o que merecemos, pero sodes vos quen debe decidir o que merecemos, cada voto conta, e moito mais do que pensades, non sería o primeiro concello que se decide por un so voto, de vos dependen catro anos mais de gobernos apáticos ou autoritarios, de vos depende que Mondoñedo siga ou non caendo. De vos depende que Mondoñedo cambie, Todos debemos ir a votar, e o noso dereito como cidadáns, e ninguén vo-lo debe impedir.
Fai uns anos publiquei un artigo no Progreso dende Burela donde eu traballaba, para agradecer a xente anónima os seus desvelos con traballo desinteresado para que as suas respectivas cidades estivesen mais que presentes. Cando Josechu me invitou a participar neste grupo, me involucrei a fondo porque vín que detrais de él hai un grupo de xente mui parecido a aqueles que eu recoñecía naquel escrito, un grupo de xente para o que EU dende aquí vos pido o voso voto,
Pídovos o voto para a candidatura de Converxencia Galega de Mondoñedo porque creo que nos toca gobernar a xente que queremos a Mondoñedo por riba de partidos. Non vos vamos a defraudar, Moitas gracias
No hay comentarios:
Publicar un comentario