miércoles, 31 de agosto de 2011


El PP de Mondoñedo propone al bipartito local que ahorren suprimiendo una dedicación

Mondoñedo / La Voz
 
31/8/2011
  • (1 votos)
El PP de Mondoñedo propone al bipartito local (BNG y PSOE) medidas alternativas a las que anunciaron la semana pasada para ahorrar. Plantean que para lograr el mismo ahorro pueden reducir gastos de gobierno, suprimiendo una de las dos dedicaciones exclusivas que perciben miembros del grupo de gobierno.
Al PP parece que le sorprendió el anuncio que hizo el bipartito la semana pasada, de que suprimirá tres comidas (la de Os Remedios, la del Hermanamiento con Ferrol y la de la tercera edad) y dejará de subvencionar el alumbrado de As Quedas, As San Lucas y Nadal para ahorrar 35.200 euros. «¿Cando temos que crer ao alcalde, cando informa no pleno, dunhas contas que reflexan un saldo positivo de máis de dous millóns de euros ou ao que recorta servizos a poboación?», preguntan los populares, señalando que esta situación de liquidez contrasta «cos catro anos de goberno de 2007-2011, anos que viñeron marcados por choros e lamentos por parte do señor alcalde e dos socios de goberno». Preguntan también «si es que interpretan aforrar como sinónimo de deixar de percibir, máxime cando segundo información publicada recentemente, deixarán de ingresar dos fondos do estado por non liquidar o presuposto de 2010 en prazo, despois de gastar máis de 40.000 euros en facer as contabilidades».
Modesto Díaz
Desde el bipartito el edil Modesto Díaz (PSOE) critica es discurso de Elena Candia, solicitando la supresión de una dedicación en Mondoñedo cuando ella cobra de la Diputación, estando en la oposición un «sueldazo» de 3.599 euros al mes (con catorce pagas anuales) mientras él ha cobrado el mes pasado, dice, 1.395 euros, «traballando como negros».
El edil señala que no se recortan servicios y que no entiende que Candia venga «dar clases coas contas» cuando ella formaba parte del gobierno del PP en 2007 y las tenían sin hacer (las cuentas).

jueves, 25 de agosto de 2011


Carta aberta aos votantes do PP en Mondoñedo


Ninguén fará mais por Mondoñedo… así rezaba o slogan do partido ao que entregases a vosa confianza nas últimas eleccións locais celebradas no marzo pasado, pois ben, poucos meses pasaron para que ese slogan quedase no que para nos xa prometía daquela, unha simple mentira mais, e os feitos nos remitimos. A candidata, gracias aos vosos votos, conqueríu o posto de diputada provincial con dedicación exclusiva e soldo de uns catro mil euros ao mes para os vindeiros catro anos, un soldo que a meirande parte dos mindonienses non veremos nin vivindo catro vidas xuntas, e que si no-lo prometesen removeríamos ceo e terra para acadar calquera mellora para a nosa cidade.
A Xunta de Galicia retirou este ano o apoio económico para o Mercado Medieval de Mondoñedo, e nos nos preguntamos, si según rezaba o slogan do partido: “ninguén faría mais por Mondoñedo que esta señora”, ¿porqué non tentou de que esa axuda non se retirase? ¿porqué non moveu aos seus apoios, (que seguro que os ten, e mui grandes, senón non estaría donde está) para tratar de conquerir, non soio que ese apoio non se retirase, senón de conquerir ainda mais apoio económico? Señora diputada, tivo vostede umha oportunidade inmellorabel de facer algo por Mondoñedo, e poñerlle o seu nome e apelidos a esos feitos, pero xa se ve que o que de verdad lle importaba a vostede era medrar dentro do partido por riba das necesidades de Mondoñedo.
Señores votantes do PP de Mondoñedo, unha vez mais vos enganaron con promesas falsas, calquera de vos, con esos catro mil euros o mes, seguro que de non poder conquerir ese apoio, probablemente que moitos donaríades a metade como mínimo de un so mes de salario como finanzamento persoal para que unha das mellores festas, (senón a mellor) da nosa cidade siga sendo un referente non so na comarca da Mariña luguesa, senón en toda Galicia.
En fín, pasou un mes de salario da nosa diputada e xa vedes reflexado o grandísimo traballo que vai a facer durante estos vindeiros catro anos, claro que, o finalizar dito período, voltará casa por casa de cada un de vos, a pedirvos o voso voto novamente (cecais non haxa que agardar moito, pois en novembro prósimo a teredes por alí) e se non conquire o seu propósito voltará a chorar de periódico en periódico botándolle a culpa a outra xente que sí fixo, fai e fará mais que ela po la nosa cidade

Zalo García membro da ejecutiva local de CG de Mondoñedo

domingo, 21 de agosto de 2011

facebook



  • Todo un exemplo de xestión
    elprogreso.galiciae.com
    Galiciae, o xornal dixital galego
    • Juan Manuel Ron Balseiro le gusta esto.
      • Juan Manuel Ron Balseiro Totalmente dacordo con Manuel Gf.
        A transparencia ofrecida x os compañeiros do BNG Mondoñedo a fronte do Concello é máxima.
        Daban medo aqueles tempos de escuridade informativa nos que o PP Mondoñedo despilfarraba os cartos de TODOS coma se foran deles.
        10 de agosto, 17:04
      • Manuel Gf Anos de escuridade, jejeje moi bo chiste si señor.
        O PP deixou os deberes feitos coa contabilidade posta ó día (ou xa non lembramos aquel Consello de Contas). Estes señores non fan a contabilidade, contratan unha empresa á que lle pagan varios miles de euros para que lles faiga os deberes e segue todo sen facer. Pero non, eso non é despilfarrar, soamente é tirar os cartos...
        10 de agosto, 20:29
      • Juan Manuel Ron Balseiro Pois non entendo o chiste, o que saco en claro do teu comentario e que as nosas respectivas nais ensináronnos o concepto de escuridade con significados ben distintos.
        O citado “Informe de fiscalización do Concello de Mondoñedo” dos anos 2003 e 2004 realizado por o Consello de Contas de Galiza, o que deixa patente é que o PP levou ao noso concello a desastrosa situación económica na que se atopa, ademais de mostrar un sen fin de irregularidades.
        E como vexo que descoñeces unha serie de información direiche que o exercicio 2005 quedou sen pechar, e os exercicios 2006 e 2007 por o tanto sen abrir, tendo os compañeiros do BNG Mondoñedo que facer o traballo que o PP non fixo, o que conlevou a un retraso nas contas ata actualidade e a maiores unha serie de problemas diarios derivados da nefasta "xestión" do PP.
        11 de agosto, 0:03 ·  1 persona
      • Manuel Gf A min ensináronme que escuro é o que non ten luz. A este paso será o que pase en Mondoñedo. Cortarán ata a luz do Concello por falta de pago.
        Ata canto vos vai a durar o conto de que as débedas son culpa do PP? O BNG leva máis de 4 anos á fronte do Concello e non é capaz de facer a contabilidade nin dos seus anos goberno. O Alcalde recoñeceu na prensa que gastara 40.000€ nunha empresa para que fixera a contabilidade e non serviu para nada. Vamos, todo un exemplo de bo goberno e de claridade. Cando pensaba contar iso? Por que o desa empresa xa foi fai moito tempo. Canta transparencia
        11 de agosto, 0:16
      • Juan Manuel Ron Balseiro Ti o dixeches un conto, pero omites interesadamente que os compañeiros do BNG Mondoñedo xestionan as débedas herdadas do PP o mellor que poden, con problemas si, pero con transparencia e rigor, en cambio o PP segue, como ti dis, co CONTO de que “deixaron os deberes feitos coa contabilidade toda posta ao día” (cito textualmente), e aínda teñen o descaro de entorpecer todo o que poden a gobernabilidade do concello.
        Estando no ano 2011, nestes 4 anos de goberno os compañeiros do BNG Mondoñedo pecharon os exercicios 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e o de 2010 está a punto de ser pechado, entón con isto enténdese que primeiro se fixo o traballo “herdado” do PP e a continuación con retraso xustificado o propio do goberno actual.
        Non teño a ousadía de dicir que o BNG Mondoñedo sexa o único abandeirado neste mundo coa transparencia, pero si poido dicir visto o visto que o PP non é transparente.

        A maiores teño que dar as grazas ao administrador do perfil que se mantén a marxe por a miña petición, aínda que non ve apropiado que se lle estea a facer publicidade a outro partido político no perfil do BNG Mondoñedo.
        11 de agosto, 2:34
      • Manuel Gf Non omito ningún dato. Simplemente, non xestionan nin as débedas deles (non saben nin o que deben), nin as deixadas polo PP (nunca dixen que o PP non deixara débedas, no seu momento o PP tamén as recibiu do anterior bipartito, ou non? Unha cousa é facer a contabilidade e outra deixar débedas). O problema do bipartito mindoniense é que NON XESTIONAN, nin ben nin mal.

        O teu último párrafo é para mexar e non soltar gota. Soamente faltaría que o partido (ou compañeiros do partido, chámalle como queiras) que me acusa de censor e se aferra á bandeira da liberdade de expresión andivera borrando mensaxes do Facebook (cousa que eu non faigo). Qué as miñas mensaxes son de publicidade? por favor...
        11 de agosto, 3:11
      • Juan Manuel Ron Balseiro Discrepo co teu parecer da túa non omisión de datos, non hai máis que ollar o teu fío de comentarios.
        A labor dos compañeiros do BNG Mondoñedo a fronte do concello, só se pode definir como PURA E DURA XESTIÓN con outras administracións para conseguiren financiamento para que Mondoñedo avance, xa que pouco poden facer coas débedas herdadas do PP a parte de perderen nos xulgados os númerosos pleitos por impagos (da “xestión” do PP ) e pagaren os continuos intereses que xeran (tamén grazas á “xestión” do PP).

        Manuel Gf moitas grazas por darme licenza para referirme aos compañeiros do BNG Mondoñedo ao meu xeito.

        Os teus comentarios verquidos (ou mexados como prefiras) á persoa que administra este perfil non son eu quen para contestarchos, e xa está facendo dabondo favorecendo “isto” e manténdose a marxe. Con bo criterio expúxome dar a opinión oficial do perfil cando rematen os nosos comentarios.
        11 de agosto, 10:06
      • Manuel Gf Dixeche que a túa nai che explicara dun xeito diferente o que era oscuridade. Polo que vexo, de TRANSPARENCIA tamén che deu nocións diferentes. Vouche poñer un exemplo para que me entendas. No último pleno (eu estiven presente, vou sempre que poido) que durou catro horas, o bipartito, facendo alarde de transparencia, adicou as primeiras tres horas e media de pleno a insultar á oposición. Na última media hora, sacaron, case entre dentes, o tema dos reparos na contabilidade. Si señor, canta transparencia. Un deles era do mes de xaneiro e o outro, bastante máis recente, levárono a pleno sen informar previamente á oposición. A ver se o colaban pola porta de atrás...
        E agora que sae o tema dos reparos, dame pé a explicarche tamén o que é XESTIÓN. Nos 8 anos de goberno do PP non houbo ningún reparo á contabilidade, estes señores xa levan dous. Algo haberá que non saben facer.
        Se queres, póñoche outro exemplo de xestión. Nese mesmo pleno, o señor Alcalde recoñeceu que asinaba os documentos sen ler. Vamos, que denota moito interese polo Concello, cando nin lle interesa o que poñen os documentos oficiais, e tamén denota moita responsabilidade. Non me extraña que as cousas vaian como van. Iso é PURA E DURA XESTIÓN?

        Dis que o administrador do perfil do BNG é o que me acusa de censor? Por que iso é o que das a entender... O voso é moito, se eu borro mensaxes (cousa que nunca faigo) ou soamente se me pasa pola imaxinación é por que son un censor. Vós, pola contra, estades facendo toda unha obra de caridade "manténdovos á marxe" e favorecendo "isto". Por favor, non me faigas rir.
        11 de agosto, 11:29
      • Manuel Gf Gracias por ilustrar os meus argumentos. Claramente di que o PP non tivo ningún reparo á contabilidade.
        11 de agosto, 13:46
      • André Outeiro Garcia Nom pugem a ligaçom para que ninguém vinhesse a ler ou a interpretar, só a pugem para ver a informaçom em si. Prefiro que cada um saque as suas conclusons e nom dizer-lhe a ninguém o que tem que pensar. De todos jeitos alegro-me que gostasses, podes clicar na ligaçom correspondente... ;)
        11 de agosto, 13:49 ·  1 persona
      • Juan Manuel Ron Balseiro Perdón por a tardanza, foi unha longa xornada laboral.
        Para comezar direi que estou totalmente dacordo con Manuel Gf en que o PP non tivo ningún reparo nos exercicos 2003-2004 debido a que ata daquela tiña as contas ao día.
        Agora ben, o que omites é que nos exercicios seguintes, o PP si que podía ter os reparos ao non ter os exercicios ao día.Porque non os tivo?, iso habería que preguntarlle ao secretario daquela época, para min que se con estás secretarias aconteceu, foi porque os compañeiros do BNG Mondoñedo non lles puxeron “trabas” no seu traballo, e niso consiste a transparencia (para min).
        Alédome de que poidas ir aos plenos, eu non puiden por incompatibilidade de horario laboral, debido a iso non che poido discutir o que me dis, pero teño que dicir que o que me contaron a min sobre o sucedido no pleno, dista ben do que me contas.
        Oxalá foran aos plenos todos os nosos veciños e veciñas, para que así puideran comprobar en situ as mentiras do PP.

        Bueno, chegado a este punto e mirando atrás, chámame a atención que partindo dun acordo mutuo inicial, as nosas posturas se foran afastando cada vez máis, á vez que non encontro camiño para o entendemento.
        Remato cedendo a última palabra a Manuel Gf, e quero mostrar que foi un pracer este intercambio de opinións.
        11 de agosto, 23:34
      • Manuel Gf Home, as contas do 2005 deixáronas a punto de pechar e as do 2006 péchanse, como sempre, co ano vencido, é dicir, no 2007 (e nese ano xa gobernaba o bipartito e, polo tanto, xa é tarefa deles).
        Non sei a que "trabas" te refires, pero a un secretario do Concello non hai Alcalde que lle impida facer un reparo á contabilidade se o estima necesario. Caramba, para non poñer trabas, últimamente vin moitas caras novas na secretaría do Concello. Non deben estar moi contentos co equipo de goberno se se largan de cada pouco...
        Sendo o "responsábel" local do BNG Mondoñedo, deberíante ter mellor informado. Cales son logo esas mentiras do PP? Ou é o teu "comodín do público" neste momento? Se non me das máis argumentos...

        Para min tamén é un pracer este debate. Saúdos
        12 de agosto, 0:28
      • Bng Mondoñedo Rematados os comentarios gustaríame deixar clara a postura oficial da administración deste perfil sobre a descarada irrupción de Manuel Guerra Freire:
        Non intervín ata este momento en que concluíron os comentarios por petición do compañeiro e Responsábel Local (cargo orgánico elixido por a Asemblea Local do BNG Mondoñedo) e do que Manuel se mofa no último comentario sabendo que Ron non o replicaría. Xa vexo que é dos que teñen que ter a última palabra para levar a razón, e a maiores menosprezando no persoal.
        Ron defendeu a nosa postura e adxunto o seguinte enlace que se refire ao Boletín BNG Mondoñedo nº 2 (páxina 3) onde no seu día demos a nosa postura sobre o citado Informe de fiscalización do Concello de Mondoñedo, cabe recordar que xa daquela diciamos que o informe estaba “desaparecido” e así o pode ser comprobado no seguinte enlace:
        http://www.mondonedo.net/images/pdf/boletin_bng_2.pdf?phpMyAdmin=dad55018621fed07b5208670b4eb10e9
        Manuel despois de descubríreste ti só como pregoeiro do PP na casa dos demais, e digo pregoeiro porque non sei como se chama ese cargo no PP, pero sempre respectando o teu traballo para o partido ao que lle fas apoloxía.
        Vir dar leccións claramente mal intencionadas á casa onde máis Bloqueiros por comentario cadrado hai, é unha provocación e aínda máis sendo coñecedores das túas cargas familiares que te empregan como ariete do PP.
        Non tardaches en sacar o tema da censura e a vista está que non a hai, é mais este perfil favorece os debates sempre dentro duns mínimos. Pero ti mostraches unha mala fe e un cinismo forzando (sen éxito) para que a houbera. Síntocho pero non o conseguiches.
        Informarte de que o PP (o partido ao que lle rendes culto) ten tamén un perfil é este: http://www.facebook.com/ppmondonedo e alí seguro recibirás todos os eloxios que te mereces por o teu traballo a prol do PP pero tes que entender que no perfil do BNG Mondoñedo non podes esperar recibir ese trato e menos faltando á realidade. Caso especial é Ron que mostra certa simpatía cara ti pero que visto o teu último comentario lle pedirei que a replantexe.
        Particularmente nun escenario en que os 4 partidos políticos de Mondoñedo teñen os seus respectivos perfís de Facebook que persoas relevantes (coma ti) de partidos rivais irrompan no dos outros non creo que sexa politicamente correcto e non digamos xa dende o punto de vista moral.
        12 de agosto, 17:08 ·  1 persona
      • Manuel Gf Descarada irrupción? Hai que ver qué grandes vos quedan as redes sociais...
        Non sei nin cómo vos atrevedes a insinuar iso despois de todo o que levades colgado no Facebook da miña páxina, libro de visitas, etc... (cando sabedes que hai unha sección onde se recollen as notas de prensa, hoxe aínda vos publiquei unha). A verdade, non entendo a osadía do voso comentario anterior, a menos que teñades un permiso especial para publicar no perfil dos demais e que os demais non poidamos responder no voso?
        Que me veñas dando leccións do que é políticamente correcto cando, sen ir moi lonxe, unha tal María Pérez Álvarez (do PP non debe de ser, non me soa) ven de poñer críticas no Facebook da miña web sobre o salario de Elena Candia... (aínda está alí publicado, podedes ir a refrescar a memoria si queredes).
        Tamén está publicado o boletín ese do 2007 que enlazas no teu comentario. Qué curioso, está colgado en mondonedo.net, a miña páxina, esa web que máis dun de vosoutros (e tamén de outros partidos), se empeña en desprestixiar e tildar de web do PP. Dende logo, hai que ver como maltrato, como censuro e que pouquiño respecto ó BNG Mondoñedo.
        Tes que explicarme esta frase? “Xa vexo que é dos que teñen que ter a última palabra para levar a razón, e a maiores menosprezando no persoal”
        -A última palabra? Home, non é moi coherente dicir iso nunha mensaxe que vai a quedar aínda nunha posición máis recente. Quen deu por rematado o debate? Ron dixo que non escribiría máis, pero esa é decisión súa. Eu non dixen cando pararía de escribir. Estades pedíndome que pare?
        -Menosprezando ó persoal? Cando menosprecei eu a ninguén? …Qué o dis, polas comillas? Non sei si sabes que en galego a forma correcta é “responsable” http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=16881 …non direi máis. Espero que Ron non interpretara esas comillas como unha dúbida da súa responsabilidade, nada máis lonxe da miña intención. Ó mellor era máis adecuado poñelo en cursiva, pero Facebook non deixa usar texto enriquecido. Qué lle imos a facer?

        Teño un cargo no PP? Dende cando? Non me fagas rir, por favor. Moito vos gusta aplicarlle á xente a propiedade transitiva. Sabedes que teño un tío na asamblea do BNG en Cangas do Morrazo? pídovos, por favor, que nunca me vinculedes co BNG.

        Por certo, a min ninguén me emprega como ariete, nin me di o que teño que facer, nin o que teño que escribir, nin o que teño que pensar. Non convoco unha asamblea, nin me reúno en “petit comité” para estudiar o que vou escribir no facebook, nin o que vou a colgar na páxina, etc …e moito menos escribo dende o anonimato detrás dun avatar de “BNG Mondoñedo”. ¿Tes algún problema en publicar o teu nome? Gustaríame saber con quen (ou quenes) estou debatindo…

        Xa sei que o PP de Mondoñedo ten un perfil en facebook, e unha páxina web, e tamén un blog de NNXX,… e ti tamén sabes que eu o sei, igual que sabes que axudo a manter esas páxinas en funcionamento… Pero o que parece que non sabes é diferenciar… unha cousa son os partidos políticos, outra as ideas políticas, outra as persoas. Eu aquí escribo como Manuel Guerra, se aínda non te decatache non é o meu problema…
        12 de agosto, 18:33
      • José Chao Vega A min gústame a Ciencia Ficción pero esta película de realidades alternativas e universos paralelos non está feita para min (aclaración: a miña película favorita é ALIEN, outro parásito que tamén vai deixando deudas por ahí, neste caso de sangue). Eu tiven o informe do Consello de Contas e digamos que ao PP non o deixan en moi bon lugar... pero sabedes qué, todo o mundo ten acceso a esta documentación e polo tanto dou por feito que cando se minte, se fai a conciencia. Xa o sabemos todos: eles mesmos non creen as súas propias mentiras, e despois de cada comentario insidioso pensan "os do BNG e o resto de mindonienses levan razón pero a ética xa está pasada de moda, e os escrúpulos non dan para comer". O problema é que ata os votantes do PP sinten vergoña allea da oposición que están a facer, demostrando moito máis sentido común. Esta oposición crea realidades alternativas donde o PP non deixa deudas nin cobra soldos millonarios, pero estes contos teñen pouca CIENCIA e demasiada FICCIÓN. Intentarei aguantarme e non responder a unha previsible (contestación) refundación do universo actual baixo unha perspectiva do lado escuro. Se a estas alturas o debate é: se o PP deixou ao concello de Mondoñedo en quebra ou non, teño que decir que son un alumno avantaxado, por que esa lección xa a din fai anos... non teño problema en axudar a alumnos descolgados para que podan pasar de curso, que xa vai sendo hora!!!.
        15 de agosto, 2:47
      • Manuel Gf Si, a min tamén me gusta o cine, Alien é todo un clásico da ciencia ficción, pero tamén do xénero de terror. Unha desas películas que da medo, como a vosa xestión municipal. Realidades alternativas, refundación do universo, lado escuro,... paréceme a min que vedes moitas películas. Se traballárades un pouco máis por Mondoñedo no canto de tanto cine ou de buscar esas supostas "mentiras" do PP (aínda estou esperando a saber cales son) outro galo cantaría.

        Na miña "previsible" resposta, para min é doado responder, sóbranme argumentos e non teño que andar dicindo que vai ser a última e que non vou a entrar ó xogo, etc etc... vou a falar de realidade e non de películas de medo ou de ciencia ficción. Non sei para qué tedes tanto empeño en repetir unha e outra vez que o PP deixou facturas sen pagar. Iso ben o sei, eu mesmo (persoa segundo vós moi destacada dentro do PP) xa o dixen en mensaxes anteriores. Tamén é sabido por todos que o PP herdou moitas débedas do goberno bipartito que encabezaba o Sr. Loira (e do que hai varios membros no actual goberno, non creo que a situacion os colla por sorpresa). O bipartito actual, no canto de traballar por reducir esa débeda aínda a está a incrementar. E no canto de facer ben os deberes ponse a buscar pantasmas no pasado. Eu tamén puiden ler o informe do Consello de Contas, e ben sei que detectou erros na xestión. Pero eses erros son un grao de area no deserto comparado coa situación actual. Moi mal se teñen que facer as cousas para que che faigan reparos á contabilidade (ó PP non lle fixeron o primeiro).

        Sinto non ser un alumno aventaxado coma ti, por iso quero que me expliques unhas cuantas cousas. Se a situación do Concello é tan desastrosa, cómo poden darvos as contas un superávit de 2.000.000€? Onde van eses cartos? E a empresa que se contratou por máis de 40.000€ para pechar os exercicios contables, qué pasou con eles? Valeu para algo máis que para tirar os cartos? E, para qué son logo os reparos que están saindo á luz estos días? Para que o Alcalde saque peito e os levante sen ser competencia súa? Claro, o Alcalde xa dixo que non leía o que asinaba, ó mellor nin sabía o que estaba asinando (o que aínda é máis grave). Si non ten é tempo para ler os documentos, dille da miña parte que ten dúas persoas adicadas exclusivamente ó Concello que llo poden leer, vailles no soldo.

        O voso si que parece sacado dos mellores estudios de Hollywood, pero por desgracia é a cruda realidade. A realidade dun Concello que vai costa abaixo e sen freos, froito dunha nefasta xestión.
        15 de agosto, 4:34
      • José Chao Vega Joseph Goeb­bels foi minis­tro de Pro­pa­ganda da Alema­nia Nazi de Adolf Hitler. Unha das súas frases máis coñecidas é: “Unha mentira repetida mil veces convírtese nunha verdade”. Outro dos seus prin­ci­pios de propaganda é a TRANSPOSICIÓN: car­gar sobre o adver­sa­rio os pro­pios erro­s.
        17 de agosto, 22:15
      • Manuel Gf Xa era hora de que fixérades un pouco de autocrítica. Noraboa!
        17 de agosto, 22:25
      • José Chao Vega ja ja ja
        17 de agosto, 23:00
      • José Chao Vega ‎... tería a súa gracia se non fose por que ata os votantes do PP aborrecen as técnicas de propaganda que estades a empregar dende a organización. Cómo se pode explicar: criticar un soldo e despois poñerse un que o triplica, ou que os mesmo...s que endeudaron Mondoñedo, lle voten a culpa delo aos que se esforzan en pagalas deudas doutros. Aos que promoven ou consinten estas aptitudes tan pouco éticas, estáselles dando a oportunidade para decatarse de que as 1.000 mentiras do PP non se convirten en nunca en verdade. Somos persoas adultas como para saber diferenzar entre unha farsa e a verdade, se non queres velo eres libre (supoño) para reescribir a historia ao voso xeito.
        El jueves a las 1:26
      • Manuel Gf Jajaj, o que ten gracia é escoitar a un do BNG falando dos votantes do PP. Pode haber algunha persoa que non estea dacordo coa liña do partido, non digo que non, cada un é libre de pensar á súa maneira, no PP non somos sectarios, como pasa no teu partido. Pero esa apreciación que ti fas, eu non a comparto, e penso que coñezo máis xente do PP que ti.
        Faime moita gracia que critiques o soldo de Elena, cando é o teu partido xunto co PSOE o que llo puxo. No caso de Mondoñedo, os que están cobrando as dedicacións do Concello aprobaron os seus propios soldos, sin ningún tipo de consenso coa oposición. Moi democrático, si señor. E por riba, ocultan á opinión pública o que lle custa ás arcas municipais pagarlles as dietas e a seguridade social.

        1000 mentiras do PP?...aínda estou esperando que me escribas a primeira.

        Saúdos
        El jueves a las 2:17
      • Marian Salgueiro Castro bla,bla,bla........ que aburrimento!!!!! sempre o mesmo....
        El Viernes a las 11:23 ·  1 persona