Mostrando entradas con la etiqueta PROPOSTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROPOSTAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de enero de 2012

este año 2012 lucharemos

Veo en vuestros ojos el mismo miedo que encogería mi corazón. Pudiera llegar el día en el que el valor de los hombres decayera y en el que olvidáramos a nuestros compañeros y que rompiéramos los lazos de nuestra comunidad, pero hoy no es ese día. En que una manada de lobos revindicara su victoria sobre unas espadas y escudos rotos, pero hoy no es ese día. ¡Hoy, lucharemos!"

 


Loitaremos por un Mondoñedo de Futuro
vai ser un ano moi dificil para a nosa comarca
non perdamos a esperanza

martes, 27 de diciembre de 2011


107 mindonienses menos

de Zalo García, el Martes, 27 de diciembre de 2011 a la(s) 15:16


Onte leín nun xornal unha das peores novas que Mondoñedo podía recibir, Os tres concellos que mais poboación perderon no 2011 na provincia de Lugo foron Viveiro (125 habitantes menos), Mondoñedo (107) e Vilalba (105), tendo en conta que a poboación de Viveiro triplica e a de Vilalba cuadriplica a de Mondoñedo, diríamos que o noso concello foi con moita diferencia o mais perxudicado no censo de poboación, según o INE (instituto nacional de estadística). Cecais a moitos de vos, vos parecerá peor o tema de ECAR ou Hermida, pero sinceramente esta nova ten moito mais contido. Dende hai mais de cincuenta anos, o noso concello ven perdendo poboación ano sí, ano tamén, e os últimos anos estamos a perder unha media de 100 habitantes por ano, (este superamos esa media). A mediados de marzo, tiven a oportunidade de figurar nunha das candidaturas que se presentaban as eleccións municipais, e pódovos decir que unha das miñas prioridades, para elaborar o noso programa, era frear a caída do censo de poboación, nos últimos trinta anos os partidos que nos gobernaron, non foron capaces de evita-lo. Nos, (converxencia galega) éramos o único grupo que propoñíamos medidas para frear esa caída, e entre outras medidas, propoñíamos apoiar a natalidade, subvencionando con 1.500 € as familias empadronadas en Mondoñedo por cada novo nacemento, asemesmo, propoñíamos incentivar o empadroamento de todos aqueles que traballan en Mondoñedo pero están empadroados en outros concellos a través de unha política mais ventaxosa para os nosos veciños que para os residentes empadroados afora. Moitos foron os que se reían de esas novedosas propostas argumentando que non había cartos no concello para leva-las a cabo, pero era tan doado como sacar as duas dedicacións exclusivas de que agora disfrutan dous concellais, e adicar esos soldos ao resto dos mindonienses (sexan da cor que sexan as suas ideas), non esquezamos que esas dedicacións exclusivas representan uns 3.000 euros ao mes, que durante 48 meses qu dura a lexislatura, fan un total de 144.000 euros. Por suposto que ese suposto "traballo" que desempeñan os dous concellais, o sustituiríamos facendo que todos os concellais elexidos (ou sexa once) formasen parte do equipo de goberno, en lugar dos seis que actualmente rixen o noso concello.
Evidentemente eu non son político profesional, pero hai cousiñas que son tan sinxelas de arranxar que parece mentira que ao longo de tantos anos se desperdicien cartos, traballo, e tempo. Nin que decir ten que dende marzo ata agora pasaron 9 meses e o único que os mindonienses vemos que se fixo en todo este tempo foron as polémicas obras da praza do seminario e rúa da Fonte, e eu me pregunto, ¿non estarían mellor invertidos esos cartos gastados en esos soldos, en incentivar a natalidade de Mondoñedo?
Agora temos por diante case mais de tres anos antes dos próximos comicios municipais, non sei si daquela, estarei de novo en algunha formación, cecais me volvan a convencer, o único que tentamos aquel grupo de persoas que íamos na lista, era procurar o mellor para Mondoñedo, non buscábamos sacar algún tipo de beneficio persoal, outros nembargantes, prometían que traerían unha multinacional sempre e cando gañasen, enchéronnos o pobo de diputados provinciales e rexionales, que somente viñan a papear po la cara e a dar uns discursos semellantes os que cada catro anos nos teñen acostumados, (moitos de esos políticos nove meses despois votaron no parlamento galego a favor do ERE de Hermiida, e probablemente fagan o mesmo dentro de uns meses co de FINSA), nos po la nosa banda simplemente trouxemos a un alcalde de unha vila (Narón) que nos explicou (en un discurso para lembrar) como duplicou a poboación do seu concello sen pertecer a ningún grupo político dos grandes. Nin que decir ten que a meirande parte dos mindonienses decantóuse mais por asistir ao dos políticos que meses despois nos traicioaron.
Señores, botemos contas, estamos a perder cen habitantes por ano, nas próximas eleccións xa estaremos por debaixo dos 4.000 habitantes e baixando (sempre e cando non día un empuxonciño mais grande os temas actuais de Hermida e FINSA-ECAR. ¿e dentro de 40 anos, que quedará de Mondoñedo? evidentemente nos vos estou a pedir voto algún, porque non hai eleccións, e ainda que as houbese, non sería dos que andaría mendigando votos casa por casa, pero dígovos que despertedes de unha vez, porque nos somos os que temos a palabra cada catro anos, e nos somos os que poñemos ou quitamos a xente que vaia ou non vaia para estar rexíndonos, así que, deixémonos de repetir unha e outra vez a famosa frase sinxela de decir, pero que a moitos nos doe escoitar de "temos o que merecemos". si queremos que Mondoñedo vaia adiante, todos debemos remar na mesma dirección, e todos debemos ser algo políticos para tratar de arranxar este barco que se nos vai a deriva mentres quedamos de brazos cruzados. Pensade que a final de este 2012 que entra voltaremos a ser 100 mindonienses menos

jueves, 7 de julio de 2011

CITA DE MARCO TULIO CICERON. ( hace 2.064 años )

"El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países debe eliminarse para que Roma no vaya a la bancarrota. La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado." 
Año 55 a .C





martes, 14 de junio de 2011

O Grumir

Todos sabemos que O Grumir é unha parafernalia dos gobernos municipais. De un e outro color.
Deberíase de primar a situación laboral e familiar da familia.(entre outras cousas) Porque moitas veces teñen traballo xente que traballa o home e a muller. Hai familias en Mondoñedo moi necesitadas, cos mesmos valores de traballo que os elexidos. A necesidade non puntua. Naide pide e protesta para que esto puntue
Para Elena Candia, quere que puntue Protección Civil.... Estamos dacordo é un traballo desinteresado e debe primar....pero....Xa sabemos porque o dice.
Demasiada coincidencia deste Grumir. 6 homes e 6 Mulleres.
Vamos ver deste Grumir a súa capacidade de traballo e o seu compromiso pola empresa, que somos todos nós, eles incluidos.

jueves, 2 de junio de 2011

1 Preguntas o bipartito BNG-PSOE: Planta Sorpresa de aglomerado na Cruz da Cancela


En maio, estivemos en eleccions locais.
En xunio ainda, ainda sabemos que siguen  os mesmos.
NA CRUZ DA CANCELA , Mondoñedo, hai unha planta de aglomerado.
Apareceu de supeto.
Estas fotos son dos movementos que alí se empezan a facer....




 



Converxencia Galega pregunta ¿?


  1. Ten Licencia Municipal esta planta de Aglomerado?
  2. No 2008 o Bipartito BNG-PSOE porque negou unha instalación de outra planta en Mondoñedo?
  3. O Brazo Ecoloxista ADEGA , cuio presidente da mariña foi candidato do BNG para concellal por Mondoñedo nestas elecions 2011, está o tanto destas instalacions ?

miércoles, 4 de mayo de 2011

COMO QUENTAR A AUGA DA PISCINA MUNICIPAL

A BIOMASA  E  MONDOÑEDO

Neste video podemos comprobar a singularidade de unha planta de biomasa.

Mondoñedo ten todas as condicións para que se instale unha ou dúas plantas de biomasa con una capacidade de 2Mw de producción eléctrica cada una.O gasificador e os xeneradores eléctricos, producen calor residual que se poden aproveitar para quentar a auga.
O polígono de San Lázaro, reúne todas as condicións(antigua fábrica de parquet) , evacuación eléctrica e as cercanías da piscina, incluso os bloques de vivendas das Malvinas, poden aproveitarse do calor residual.
A Xunta e o concello terían que axilizar a concesión administrativa e realizar a inversión do tramo da traída de auga quente cara a piscina, que non dista máis de 600m ida e volta.
O coste da planta de biomasa sería de 8M €, habría que buscar un inversor que acometerá o proxecto, as condicións son óptimas para ámbalas partes, con rentabilidades que permiten a viabilidade do proxecto ó inversor e ó concello.
Os beneficios para o concello serían:
-Crearía 10 postos de traballo cada planta de 2Mw.
-Indirectamente cuadriplicaríanse outros tantos postos de traballo con cultivos enerxéticos en distintas partes do concello(montes vecinais de viloalle,argomoso…)
-Recollida de residuos forestales de limpeza de montes, prevención de incendios.
-Valor engadido dos montes privados e comunais.
-Auga quente gratuita para a piscina

As plantas de biomasa según o decreto 661/2007,favorece que se realice no chamado District Heating(aproveitamento do calor residual dos motores e do gasificador),que se utilizará para quentar auga da psicina, tendo o concello de Mondoñedo agua quente durante todo o ano GRATUITAMENTE.
Necesitaríase un plan de viabilidade, necesario porque o concello tería que aportar as modificacións das instalación e a traída da auga quente. Os postos de traballo que crearían serían as de socorristas e de mantemento, creando así EMPREGO XUVENIL.
Con este proxecto, ademáis, revitalízanse a zona do campo de fútbol, piscina e pabellón que conlevaría  máis actuacións e estarían en mellores condicións as actividades deportivas.





J.L.Fernández

domingo, 24 de abril de 2011

MIRANDA por ZALO GARCIA

Miranda
Escrito por ZALO GARCIA
Iste artículo vai destinado a todos aqueles mindonienses que soñan con que o noso concello retome o peso que no seu día tivo, no soio na provincia de Lugo sinón en toda Galicia.

Hoxe en día está demostrado que no se chega  a nada sin a cooperación ou agrupamiento de pequenos núcleos, exemplo claro o da CEE, España sin dubida deu o salto final da sua transición política e económica mercede o seu ingreso neste gran grupo de países europeos, (problemas à parte con tema euro para a nosa economía).

Ao mesmo tempo encontrámonos nunha etapa na xeografía española en que os ultranacionalismos desexan  as suas propias competencias e nalgúns casos a total independencia; son daqueles que opinan que cada pobo debe coidar e ensalzar as súas raíces, pero tamén creo que la unión fai a forza, e evidentemente o estado español non sería o que é se todas aquelas comunidades que desexan independizarse puidiesen logralo sin máis, imaxínense que sería do estado español sin Cataluña, País Vasco ou Galicia por citar as tres comunidades máis históricas, pois de igual modo agora imaxínense que sería en el concerto mundial desas comunidades sen estar incluidas no estado español.

Evidentemente o primeiro que intentarían cada una delas sería o ingreso na CEE, ¿non creen? O sexa, unha autentica paradoxa, pois nada máis desintegrarse de España, lo primero que intentarían e lograr o que agora xa son: Europeos.

Pero vaiamos o tema que nos interesa que non é outro que Mondoñedo.
O Noso municipio tivo un gran peso en épocas pasadas xa no só na provincia lucense se non na comunidade galega como dicía o principio, e ese peso es lóxico que xa non se volva ter, tal e como estamos agora mesmo, pero sí que podería alcanzarse con axuda dalgúns "socios" que se encontren na nosa mesma situación, explicome, trataríase de crear una gran bisbarra na zona que non só albergase a Mondoñedo se non a  os concellos que nos rodean e que están abocados a un progresivo descenso de poboación.

Mondoñedo encuentrase actualmente agrupado a Mariña Central, ¿E de que nos serve iso? ¿porqué empeñamonos en pertencer a Mariña? ademáis tendo en conta que un municipio como Foz tamén se encuentra nesa mesma bisbarra, dubido moito que algunha competencia interesante nos chegue algún día o noso municipio, noutras palabras más sinxelas, non es Foz, en particular e A mariña en xeral, o que realmente lle conven a Mondoñedo como compañeiros de viaxe.

Un exemplo que quizáis sexa ilustrativo (ainda que alguén lle pareza que non ten nada que ver):
Por causas que non vou citar encóntrome residindo lexos de Mondoñedo, pero como bon veciño todos os días intento informarme do que por aí acontece, pois ben, nos diarios da bisbarra, es difícil encontrar algunha referencia diaria do noso municipio, ¿quizáis porque non hai noticias de interese? Onte, por exemplo lía un artígo acerca da festa de San Blás en Vilaxoane, e preguntome: ¿Porqué no se lle da o mismo trato a festa de Os Muiños, Valiño, Couboeira, etc...?

Está claro que Mondoñedo pouco o nada lles importa a xente de A Mariña (central, do leste, do oeste ou do suroesteoccidental).

Pensemos agora a quen sí lle interesaría o noso municipio, quizáis á xente de Lourenzá, Valadouro, Alfoz, Abadín, Pastoriza ou Riotorto? creo sinceramente que ahí e onde estaría o noso lugar, con xente más afín con nosos costumes máis agrícolas e gandeiras que mariñeras. Por eso creo que sería máis interesante crear esa bisbarra (chamémola MIRANDA) que agrupe aos concellos citados e poder competir no só a nivel lucense se non galaico cunha bisbarra grande en extensión e poboación, pero a miña idea vai máis lonxet aínda, trataríase dunha bisbarra máis unida que cualquera outra, onde calquera Mindoniense se encontrase como na súa casa cuando viaxase a Pastoriza e calquer pastoricense puidiese presumir de nosa Catedral coma si fose igualmente do seu patrimonio, para explicarme mellor, se trataría de intentar unificar todos eses concellos  nun só e ofrecendo distintas competencias a cada unha das zonas, por exemplo tendo a Mondoñedo como capitalidade, intentando que O Valadouro y Alfoz se convirtesen en zonas de residencia dos turistas que apenas encotran lugar na costa, ofrecendo a Lourenzá un gran polígono industrial de toda a bisbarra, Abadín e A Pastoriza intentar dotalas con grandes industrias relacionadas co tema agrícola e gandeiro e Riotorto con outras do sector lácteo.

Quizáis todo isto se vexa como unha utopía, pero polo menos a idea deixoa aquí para que quen poida facer algo a intente desenvolver, claro que habería miles de matices para debater, pero agora vou expoñer uns simples datos que de todos son coñecidos, pero que son do máis significativos para intentar emprender algo como o que eu estou a propoñer.

Concellos:
Habitantes:
Extensión:
Mondoñedo
4904
144 km2
Abadín
3399
196 km2
A Pastoriza
3959
175 km2
Lourenzá
2776
63 km2
Alfoz
2382
78 km2
O Valadouro
2377
110 km2
Riotorto
1799
66 km2



Total
21.596
832 km

Comparación con otros municipios de la provincia de Lugo. 
Concellos:
Habitantes:
Extensión:
Lugo
88.414
330 km2
Monforte
19.091
200 km2
Vilalba
15.365
379 km2
Viveiro
15.240
109 km2

            

Como dixen máis arriba, a idea e os datos están aí, que cada un saque as suas conclusións y analice onde nos leva la situación actual.





Este escrito foi feito en Lanzarote fai catro anos
Non falamos de Utopias
O que non é  posible  hoxe
Maña poide ser realidade.


Grecia, debido a crisis, agrupou concellos.