107 mindonienses menos
de Zalo García, el Martes, 27 de diciembre de 2011 a la(s) 15:16
Evidentemente eu non son político profesional, pero hai cousiñas que son tan sinxelas de arranxar que parece mentira que ao longo de tantos anos se desperdicien cartos, traballo, e tempo. Nin que decir ten que dende marzo ata agora pasaron 9 meses e o único que os mindonienses vemos que se fixo en todo este tempo foron as polémicas obras da praza do seminario e rúa da Fonte, e eu me pregunto, ¿non estarían mellor invertidos esos cartos gastados en esos soldos, en incentivar a natalidade de Mondoñedo?
Agora temos por diante case mais de tres anos antes dos próximos comicios municipais, non sei si daquela, estarei de novo en algunha formación, cecais me volvan a convencer, o único que tentamos aquel grupo de persoas que íamos na lista, era procurar o mellor para Mondoñedo, non buscábamos sacar algún tipo de beneficio persoal, outros nembargantes, prometían que traerían unha multinacional sempre e cando gañasen, enchéronnos o pobo de diputados provinciales e rexionales, que somente viñan a papear po la cara e a dar uns discursos semellantes os que cada catro anos nos teñen acostumados, (moitos de esos políticos nove meses despois votaron no parlamento galego a favor do ERE de Hermiida, e probablemente fagan o mesmo dentro de uns meses co de FINSA), nos po la nosa banda simplemente trouxemos a un alcalde de unha vila (Narón) que nos explicou (en un discurso para lembrar) como duplicou a poboación do seu concello sen pertecer a ningún grupo político dos grandes. Nin que decir ten que a meirande parte dos mindonienses decantóuse mais por asistir ao dos políticos que meses despois nos traicioaron.
Señores, botemos contas, estamos a perder cen habitantes por ano, nas próximas eleccións xa estaremos por debaixo dos 4.000 habitantes e baixando (sempre e cando non día un empuxonciño mais grande os temas actuais de Hermida e FINSA-ECAR. ¿e dentro de 40 anos, que quedará de Mondoñedo? evidentemente nos vos estou a pedir voto algún, porque non hai eleccións, e ainda que as houbese, non sería dos que andaría mendigando votos casa por casa, pero dígovos que despertedes de unha vez, porque nos somos os que temos a palabra cada catro anos, e nos somos os que poñemos ou quitamos a xente que vaia ou non vaia para estar rexíndonos, así que, deixémonos de repetir unha e outra vez a famosa frase sinxela de decir, pero que a moitos nos doe escoitar de "temos o que merecemos". si queremos que Mondoñedo vaia adiante, todos debemos remar na mesma dirección, e todos debemos ser algo políticos para tratar de arranxar este barco que se nos vai a deriva mentres quedamos de brazos cruzados. Pensade que a final de este 2012 que entra voltaremos a ser 100 mindonienses menos
No hay comentarios:
Publicar un comentario