Neste castro de Zoñán, apareceron moitas cousas, entre elas un puñal, cachos de barro, muíños, moedas e unha ola de barro tan grande que collía unha persoa dentro dela. Aló polo 1920 os nenos da escola de Zoñán foron celebrar os Maios a Mondoñedo e levaron dentro da ola de barro unha nena duns doce anos. Despois quedouse con ela un de Mondoñedo e xa non se soubo máis da ola. No sochán da croa do castro de Zoñán viven os mouros. Son ricos coma cochos, gardan fortunas inmensas nos seus pazos aterrados e teñen cabalos que levan a beber de noite por un túnel que vai desde a croa ata o rego que pasa cabo da igrexa de San Cristovo. Hai que víu fumegar as chemineas das súas casas soterradas por entre os felgos e as queirogas da tona da terra. E hai, soterrado, un xogo de bolos, con lastra e todo, feito de ouro. Cando trona dise que están xogando ós bolos os mouros do castro de Zoñán. |
Este blog é un medio de comunicación e difusión do partido CONVERXENCIA GALEGA DE MONDOÑEDO onde terán información da nosa actividade política na nosa cidade. É un espacio aberto para suxerencias que quera facer calquer veciño co fin de recopilar os problemas máis destacables que temos que solucionar pensando no ben de todos e no interés xeral. O NOSO E-MAIL: converxenciagalegamondonedo@gmail.com. FACEBOOK: converxencia galega mondonedo
busqueda etiquetas2
Secciones Nerja Pop
BUSCADOR DE ETIQUETAS
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2011
Castro de Zoñán
lunes, 6 de junio de 2011
A Pena que fala
| Por onde ía o camiño vello cara á Estelo, en Zoñán, mesmo debaixo de onde lle din O Morollo, hai unha pena que fala, e que pode engulir mozos e nenos. Cando andaban por alí os nenos coas vacas tiñan que ter moito coidado con esta pena porque se falaba e lle escoitaban dicir: -Abréte pena e come este neno. A pena abríase e engulía o neno para sempre. |
jueves, 2 de junio de 2011
Le Gentil de La Barbinais en Mondoñedo
Anda estes días unha casa de poxas pregonando por internet os tres tomos do "Nouveau voyage au tour du Monde", da autoría do bretón Le Gentil de La Barbinais. Deste libro saíron dúas edicións, unha en París e outra en Amsterdam, ambas en 1728, e agora os tres tomos dunha delas, a de Amsterdan, teñen fixado como prezo de partida para posibles compradores unha cantidade que supera amplamente os dous mil euros. Sobre este particular só lles podo anunciar que cando se lles poña o ramo ás San Lucas deste ano 2006, tamén rematará o tirapuxo, concretamente o sábado, 21 de outubro, ás 23, 45 horas, e será entón cando poderemos coñecer con exactitude canto se paga por estes exemplares tan raros de atopar.
Álvaro Cunqueiro en El Progreso, exactamente o do día 20 de outubro do ano 1959, daba a nova da posible estadía en Mondoñedo, nunhas feiras das San Lucas do século XVIII, do autor destes volumes, un aventureiro bretón, o primeiro francés que deu a volta ao mundo desde Francia ata a China, entre 1714 e 1719, e que deixou constancia esccrita das súas andaduras. Cunqueiro chegou á conclusión da posible presenza en Mondoñedo de Le Gentil de La Barbinais despois dunha lectura "a tontas y a locas" do libro "La marine française", tomo II, páxina 108, de Claude Montard.
Estas coincidencias, próximos os días nos que As San Lucas volverán a encher de memoria de olor a grama seca a cidade de Mondoñedo, movéronme a procurar algún dato no que puidera apoiar o mestre a súa imaxinaria visión sobre a visita de Le Gentil de La Barbinais a un Mondoñedo metido en feiras de hai douscentos e pico de anos.
Nas horas mortas eu tamén fun facendo lecturas "a tontas y a locas" e, grazas a eses nobelos que os libros desenguedellan, funlle seguindo os pasos ao bretón. E souben, por exemplo, que foi o noso autor o que primeiro describiu a danza de São Gonçalo do Amarante, en San Salvador de Bahía Todos Os Santos cando asistíu como testemuña a tal representación un día de xaneiro do ano 1718. A festa acontecía na antiga igrexa de São Gonçalo, na presenza do Vice-Rei, Vasco Fernandes Cesar de Menezes, Marqués de Angeja, de cregos, fidalgos, mulleres e escravos que danzaban tan intensamente que "faziam vibrar a nave da igreja". Aos gritos de "Viva São Gonçalo do Amarante", o São Gonçalinho, os danzantes colleron a imaxe do santo e "começaram a jogá-la para o alto, de um para o outro ...". Por certo, tamén souben que deste São Gonçalo do Amarante, santo casamenteiro de orixe portuguesa, comen todos os anos os testículos os seus devotos, simbolizados por bolos e pans que fan as súas veces.
Nas ruínas semiabandonadas de Pachacamac, nas costas do Perú, onde chaman a Costa dos Mortos, viu La Barbinais esta visión arrepiante de corpos momificados descubertos polos ventos que bouran alí con sede de pantasmas. Cadáveres resecos, coma de resucitados mirando cara o mar, pertencentes a indíxenas que preferiron inmolarse antes de ser presa viva, segundo unha lenda local, dos españois.
Barnbinais ao ver aquel espectáculo escribe: "Nunha praza, que me pareceu o lugar máis frecuentado desta cidade, vin moitos corpos aos que a calidade do aire e da terra conservara sen corrupción. Estes cadáveres estaban esparexidos aquí e alá sobre o chan e distinguíanse doadamente os rasgos dos seus rostros..." para dicir máis adiante que "goberna nesas ruínas un silencio que inspira pavor e non se ve nada que non sexa terrible..."
Este experimentado viaxeiro é o xentilhome ao que imaxina Álvaro Cunqueiro visitando unhas San Lucas do século XVIII, vestido con tricornio emplumado, colar de perlas, casaca verde esmeralda, lucindo as máis fermosas pantorrillas que no seu tempo houbo en Bretaña. Os fidalgos mindonienses daquel entón mirarían aparvados como tomaba rapé o estranxeiro e responderíanlle con sentidos jesuses cada espurrido.
Eu tamén hei de ir este ano á ponte de Viloalle agardar o paso do bretón por se se achega facer visita cumprida ás nosas feiras maiores. Se vén, e mo permite, pedireille de favor que se achegue ata cabo da réplica que lle fixo Puchades a Álvaro Cunqueiro para que saúde como corresponde a quen fixo sabedor ao mundo de que Le Gentil de La Barbinais estivera nas San Lucas de Mondoñedo. Logo, se ambos ilustres teñen vagar, pedireille que lle conte ao noso cronista polo miúdo as aventuras que deben vir nese libro que anda en poxa en internet.
Se non viñese o bretón, aínda que non ando sobrado de rendas, farei o posible por facerme cos tres volumes do "Nouveau voyage au tour du Monde" e despois prestareillos a Cunqueiro para que alivie a folganza das contranoites outonais lendo "a tontas y a locas" as andanzas do que foi a mellor pantorrilla de Bretaña.

© 2006 Antonio Reigosa
Recollido do seu blog Diario dun traslido: Le Gentil de La Barbinais en Mondoñedo
O demo na Pena Grande
| A un tiro de pedra da croa de Zoñán, está, beira do vello camiño dos Cucos e de Pelourín, a Pena Grande. Un penedo competente no que fan vida ou que usan de poleiro uns encantos que tocan a gaita, cantan, bailan e aturuxan, maiormente pola noite do víspora do San Xoán. Cóntao Lence-Santar e pon por testemuñas de telos visto e sentido, entre outros, ao Angulo e ao Grilo de Pelourín, a Monterroso de San Cristovo e ao Picos de Tronceda. O mesmo Angulo de Pelourín víu alí mesmo o trasgo unha noite de San Xoán ao regresar de Zoñán cara á casa. Seica aganchaba por un castiñeiro ao tempo que laiaba, que ensinaba os dentes e que esgazaba as canas. Farruco da Costa, xa leva fóra deste mundo desde o 2 de xaneiro do ano 1933, o derradeiro home da comarca, segundo Lence, que gastou monteira, que dominaba a ciencia de ver nacer as herbas e que botaba as contas dos pelos dun xato, tamén víu o demo na Pena Grande por tres veces. |
|
lunes, 30 de mayo de 2011
As pedras de Vián
Na casa de Lorigados de Vián, concello de A Pastoriza (Lugo), isto pasou polos primeiros anos do século XX, caían pedras de día e de noite dentro da casa. Vírono moitos, da casa e forasteiros. Ás veces, cando comezaban a caer as pedras, a xente botábase fóra da casa pero nunca viron quen as tiraba. Unha vez ao Lorigados deulle unha pedra na cabeza e sangraba coma un carneiro; noutra ocasión a un da Graña, que se atopaba na cociña, unha pedrada mondoulle tres dentes. O dono da casa, vendo que non había remedio, foi confesar, deu cartos para unhas misas e acabouse o das pedras. Manoel Carracedo, garda da catedral de Mondoñedo, que foi quen contou o caso, supón que as pedras as tiraba algún defunto da casa que estaba en pena. |
sábado, 28 de mayo de 2011
O VELAGULLAS
O velagullas é un trasno pequeno, que está sen traballo desde que foi inventado o acerico para xastres e modistas.O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono as agullas perdidas no chan, ou nas teas. Polos seus servizos non cobraba nada, pero dise que algúns xastres tratárono, e fixéronlle monteiras, e algunhas costureiras camisas. Polo San Xoán marchaba e non regresaba ata o outono. Din que desapareceu do noso país cando chegaron as primeiras máquinas de coser. Un xastre de Lugo, que tiña moi perfecto o corte do entalle das levitas dos aristócratas, mercou unha. Un velagullas que andaba por alí, fixo augas menores pola máquina. No Brasil hai trasnos moi semellantes ao Velagullas, que deben ser parentes emigrados do noso, que deberon ir a Río ou Bahía entre a roupa dun de Pontecaldelas.
_______________
Texto: Álvaro Cunqueiro, Las historias gallegas, BCI, Madrid, 1981.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)