jueves, 25 de agosto de 2011


Carta aberta aos votantes do PP en Mondoñedo


Ninguén fará mais por Mondoñedo… así rezaba o slogan do partido ao que entregases a vosa confianza nas últimas eleccións locais celebradas no marzo pasado, pois ben, poucos meses pasaron para que ese slogan quedase no que para nos xa prometía daquela, unha simple mentira mais, e os feitos nos remitimos. A candidata, gracias aos vosos votos, conqueríu o posto de diputada provincial con dedicación exclusiva e soldo de uns catro mil euros ao mes para os vindeiros catro anos, un soldo que a meirande parte dos mindonienses non veremos nin vivindo catro vidas xuntas, e que si no-lo prometesen removeríamos ceo e terra para acadar calquera mellora para a nosa cidade.
A Xunta de Galicia retirou este ano o apoio económico para o Mercado Medieval de Mondoñedo, e nos nos preguntamos, si según rezaba o slogan do partido: “ninguén faría mais por Mondoñedo que esta señora”, ¿porqué non tentou de que esa axuda non se retirase? ¿porqué non moveu aos seus apoios, (que seguro que os ten, e mui grandes, senón non estaría donde está) para tratar de conquerir, non soio que ese apoio non se retirase, senón de conquerir ainda mais apoio económico? Señora diputada, tivo vostede umha oportunidade inmellorabel de facer algo por Mondoñedo, e poñerlle o seu nome e apelidos a esos feitos, pero xa se ve que o que de verdad lle importaba a vostede era medrar dentro do partido por riba das necesidades de Mondoñedo.
Señores votantes do PP de Mondoñedo, unha vez mais vos enganaron con promesas falsas, calquera de vos, con esos catro mil euros o mes, seguro que de non poder conquerir ese apoio, probablemente que moitos donaríades a metade como mínimo de un so mes de salario como finanzamento persoal para que unha das mellores festas, (senón a mellor) da nosa cidade siga sendo un referente non so na comarca da Mariña luguesa, senón en toda Galicia.
En fín, pasou un mes de salario da nosa diputada e xa vedes reflexado o grandísimo traballo que vai a facer durante estos vindeiros catro anos, claro que, o finalizar dito período, voltará casa por casa de cada un de vos, a pedirvos o voso voto novamente (cecais non haxa que agardar moito, pois en novembro prósimo a teredes por alí) e se non conquire o seu propósito voltará a chorar de periódico en periódico botándolle a culpa a outra xente que sí fixo, fai e fará mais que ela po la nosa cidade

Zalo García membro da ejecutiva local de CG de Mondoñedo

No hay comentarios:

Publicar un comentario