sábado, 7 de mayo de 2011

UN GRANDE PROXECTO

Un grande proxecto

de Zalo García, el Sábado, 07 de mayo de 2011 a las 21:52
Este seguinte relato ten unha data bastante reciente, seguro que todos vos lembraredes de sobra de que estou a falar, pero quero contarvos a miña versión. Comenza na nosa cidade aló po lo inverno do ano 1995 Por aquelas datas eu figuraba no plantel da S.D. Mindoniense e unha das tardes-noites, bastante chuviosa de febreiro mentras nos atopábamos entrenando, vín que voltaban do campo axacente o “plantel” xuvenil, poño plantel entrecomillado, porque apenas eran cinco os rapaces, dous dos cales viñan co pitillo na man. Meus compañeiros do primeiro equipo (a meirande parte eran de fora, pois apenas éramos cinco os de Mondoñedo en todo o equipo) botáronse a rir, a mín provocoume mais ben tristura a situación e ocorréuseme preguntarlles ao que se rían, si acaso eles baixarían nunha noite como aquela ao campo de fútblo se non cobrasen un peso (todos os da primeira plantilla recibíamos unha cantidade fixa o mes), por suposto ninguén me respondeu, e o remate do entrenamento quixen falar co presidente para que me explicara en que condicións estaban o xuvenís; Respostoume que nadie se facía cargo de eles e que apenas conseguía xuntar once rapaces para xogar os sábados os partidos oficiais, tamén me destacou que ocupaban, lóxicamente as derradeiras prazas do seu grupo e que moitas veces saían goleados nos encontros que xogaban.
Tras esa conversa pensei que era imposibel que en Mondoñedo non houbese rapaces que quixesen xogar o fútbol, unha cidade donde este deporte sempre tivo bastante arraigo, e precisamente naquel momento estaba no seu meirande logro pois o primeiro equipo estaba en categoría nacional na 3ª división. Concertei co presidente en que a seguinte tempada me iba a facer cargo do equipo xuvenil, e a finais de maio comencei a poñer uns carteis por todo o concello para tentar de conquerir un grupo o mais numeroso posibel de rapaces en idade xuvenil.
O día da primeira reunión apareceron no campo, 32 rapaces en idades entre 13 e 17 anos, e así escomenzamos a traballar, pero día a día iban aparecendo mais e mais rapaces de todas as idades, pareceume espectacular o impacto que tivo entre os rapaces do concello a idea,e non me quedou mais remedio que formar varias categorías.
Así foi pasando o mes de xuño de ese ano 95 e o rematar aquel verán dinme conta de que tiña unha verdadeira escola de fútbol contando con 106 rapaces, sí, repetirei o número con maiúsculas ¡¡¡CENTOSEIS!!! Rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos. Non podería describirvos a miña sensación de ver o campo de fútbol ateigado das xóvenes promesas do fútbol mindoniense, e todos eles nacidos no noso concello. Por suposto que empezaron a xurdir os primeiros problemas, (falta de material, balóns de fútbol, roupa deportiva…) pero a ilusión que poñían todos os rapaces me obrigaba a tentar conquerirlles o material do xeito que fose. O presuposto do clube estaba completo coas nóminas dos xogadores do primeiro equipo así que tiven que recurrir o concello, donde por certo o noso presidente formaba parte como concellal.
Logo de varias visitas o consistorio, conseguín unha subvención de “20.000 pesetas” sí, uns 120 €, tamén o poño entrecomillado porque merece a pena. 120 euros para traballar con 106 rapaces, podedes facer as contas que queirades.
Gracias a colaboración de duas casas comerciais do noso pobo logrei mercarlles unhas camisetas para os mais cativos (benxamíns, alevíns, e infantís).
Os resultados cediño comenzaron a chegar, o equipo xuvenil que a derradeira tempada ocupaba os últimos postos sen apenas ganar un partido, terminou aquela campaña nos primeiros lugares, habendo incluso goleado o líder Burela por 4-1, pero o que mais importancia tivo foi o feito de que o entrenador do primeiro equipo contou en todo o momento con estos rapaces para cubris as baixas do seu plantel, 9 foron convocados nalgún momento de aquela tempada co equipo de 3ª división, e cinco de eles chegaron a debutar na categoría.
A miña única pena, foi que non puden inscribir aos mais pequenos en competición algunha por falta de presupostopara tramitar as fichas, ainda así conquerín que xogasen algún que outro partido amigable nas localidades veciñas, tamén lles facía xogar entre eles nos descansos dos partidos do primeiro equipo diante do orgullo dos pais dende a grada.
Outra das anécdotas foi que nun partido disputado po los xuvenís en Alfoz, desprazáronse no autobús do clube 45 rapaces, como veredes xa non tiña o problema do ano anterior de apenas xuntar once para xogar. Esa primeira tempada tivo un éxito impensabel meses atrai, pero na seguinte, cando eu pensaba que o clube e o concello se iban a volcar mais co proxecto, apenas se veu reflexado, e comencei a ver que non mostraban interese algún po la escola, e así foi como logo de varios enfrentamentos que tiven co presidente do clube, chegou a gota que colmou o vaso, coincidindo coas festas de San Lucas, tíñamos concertado un entrenamento (eran os propios rapaces os que decidían cando querían entrenar) e  nunha tardiña bastante chuviosa, atopeime co campo de fútbol pechado e con mais de trinta rapaces a porta agardando que viñesen abri-lo. Localicei o presidente e díxome literalmente: “mándaos para a casa que hoxe non e día para entrenar”, o meu enoxo foi tal que lles dixen os rapaces que eu deixaba todo nas mans do clube para ver si de ese xeito mostraban algo mais de interese. O certo é que desgraciadamente ahí desapareceu a escola e con elo aquel grande proxecto do futuro do fútbol mindoniense. ¿O resultado? Anos mais tarde tivemos a resposta, logo de varios descensos, o primeiro equipo desapareceu, e quédame unha pregunta que sempre me farei: ¿Houbese desaparecido a S.D. Mindoniense de haber mostrado un mínimo interese naquel humilde proxecto? Agora vexo con moita pena que moitos rapaces do noso concello figuran nas escolas deportivas de Lourenzá, (por certo un grandísimo modelo de cómo se debe traballar cos rapaces do concello). Sinceramente eu coido que con unha miguiña mais de interese por parte de todos os mindonienses, autoridades, pais, afecionados, etc… en Mondoñedo volvería a renacer a afición po lo fútbol que tantas satisfaccións deu a nosa cidade.
Con mui pouquiño pódese facer algo mui grande, pero está na man de todos nos.


GONZALO GARCIA "ZALO"


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario