sábado, 7 de mayo de 2011

PROGRAMA ELECTORAL 2011_URBANISMO

URBANISMO E URBANIDADE

     Traballar  por  un  urbanismo  sostible,  honesto  e  transparente,  aproveitando  a proximidade da costa,  da Autovía  do  Cantábrico,  e  a  situción  privilexiada que Mondoñedo ten como cabeza de comarca para xerar emprego e riqueza.
     Elaboración e aprobación dunha vez por todas do Plan Xeral de Ordenación Urbana.
     Non ter en conta a valoración que se está a facer das fincas do medio rura con edificacións para a cobranza do Imposto de Bens Inmobles, en tanto non se lles dote dos servicios básicos, dos que carecen moitas delas.
     Atención especial á limpeza e coidado de todo o Concello durante todo o ano, e non dous meses antes das eleccións.
     Tomar as medidas oportunas para evitar o perigo que supoñen as casas abandonadas en ruinas.
     Instalación de contenedores soterrados.
     Mellora da sinalización.
     Instalación de bandas rugosas en lugares estratéxicos.
     Construcción dun parking.
     Estudo  da  peonalización  do  casco  histórico-arstico  para  o  seu  uso  coma  un verdadeiro centro comercial aberto e un espacio habitable, seguro, e atractivo ó turismo.
     Creación dun punto limpo.
     Mantemento e mellora da rede vial de tódalas parroquias.
     Potenciar o aforro enerxético.
     Mellora nas traídas de auga que se encontren nun estado deficiente e garantir o abastecemento en todo o Concello ó longo de todo o ano.
     Creación e mellora da rede de saneamento.
   Acondicionamento e mantemento das antigas escolas rurais para fomentar o uso como locais sociais.
     Estudio viabilidade do mirador, como centro de día, albergue xuvenil para campamento urban, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario