Día de reflexión:
Como é día de reflexión e a lei electoral dí que non se pode facer propaganda, Non vou falar do noso grupo nin de promesas.
Vou falar de mentiras que todo o mundo pode comprobar porque están impresas e publicadas aquí en internet.
Hoxe publica a web dos peperos (mondoñedo.net) unha carta asinada po lo seu webmaster, donde nos pon a parir, e gostaríame que todo o mundo a leese porque non ten desperdicio, sí Manuel, vouche facer propaganda para que che aumente o número de visitas, porque últimamente so che visitan os teus, esa web tuvo unha finalidade mui boa tempo atrais, pero agora o meterte tan a fondo na política, enchíchela de merda, falando claro.
O único fín de esa misiva, e tratar de restar votos para as eleccións o grupo de CG, parece que lle ven as orellas o lobo, e non teñen mui claro como van a tentar recuperar a poltrona, e está claro que nos sobramos ahí para ese intento. Eso está mais que demostrado, porque xa antes de que escomenzase a campaña “tocaron” o noso líder ofrecéndolle o segundo posto na lista pepera, (reunión co xefe dos peperos de Lugo na capital da provincia, por suposto co único fín de que non presentase candidatura) cando a nosa lista escomenzou a tomar forma, varios de eles foron a sua vez, “tocados” por dito partido. Así que espero amigo manoliño que che quede claro que para os únicos que “TODO VALE EN CAMPAÑA” son para os teus amigos, senón recordareiche tamén que somente o teu partido foi denunciado po lo PSG-PSOE porque unha candidata pedía o voto na sua consulta médica do ambulatorio, e tamén che vou lembrar a politización de un acto de Protección civil de Mondoñedo, (lémbroche tamén que é unha asociación complétamente apolítica).
Con respecto aos insultos dos que falas, permíteme decirche que ninguén che insultou directamente, e que fuches ti e algún outro do mesmo partido os que entrastedes na nosa páxina a desestabilizar claramente, ¿porqué non fixeche un so comentario nos facebook de BNG ou PSOE? As miñas palabras sobre ti están ahí claramente escritas, e logo de debatir contigo en catro ou cinco mensaxes e ver que non decías nada coherente, senón que poñías na miña boca palabras que non dixen che respostei que algunha luz deberías ter apagada.
Agora pasemos aos análeses que fas para descalificar o noso partido, di o teu patético artigo que porqué estaba Xoan Gato con nosco, pos ben estaba en calidade de alcalde de unha cidade da que Mondoñedo ten moito que aprender, Narón, unha cidade que pasou de 20.000 habitantes a 40.000 gracias a xestión de este señor, sen ter detrais ningún dos partidos grandes, eso é unha lección que Mondoñedo debe aprender mui ben. Tamén descalificas a Josechu porque none stivo en moitos dos plenos, creo que o voso partido padeceu en moitas ocasións das mesmas baixas, claro está que nos somente temos un concellal, e vos catro, ainda que a laboura dende a oposición está claro que foi a mesma e que non sirveu absolutamente de nada.
Xa por último e para demostrarlle a todos os que lean a tua misiva de que teño razón o decir que che falta algunha luz ou a debes ter medio fundida, te refires a miña intervención no mitin de CG (por certo, que raro que non apareceses por alí como o dono da web “mais representativa do pobo” para poñer algunha reseña, bueno, seguro que habería algún outro acto en Mondoñedo para acudir ese día e a esa hora) pois dis textualmente: “En el discurso del señor Zalo García (número 3 de la lista) afirma que el Mercado Medieval es la fiesta que mejor funciona en Mondoñedo porque ellos trabajan en ella” ¿Cando dixen eu esas palabras? Eu dixen esto :¿sabedes cal é o festexo de Mondoñedo mellor organizado? Sí, o mercado Medieval, ¿e sabedes o porqué? Mui sinxelo, porque todos traballamos dando o callo sen importarnos que nos dirixe.
E digo TODOS refiríndome a todo Mondoñedo, si non entendes eso, pois vai a que che revisen ese foquiño.
En canto ao teu voto, xa che dixen abondo naquela plática que tivemos, dende fai moito tempo se che ve de que pé coxeas, e paréceme mui ben que teñas o teu voto decidido, so faltaría que lle faltases a un familiar bastante directo, (ainda que ti mesmo nos fixeche dudar coas tuas verbas do outro día).
Como eu xa non teño páxina tiven que contestarche dende aquí, pois dudo moito que me publiques na tua web esta resposta, a pesar de que “nunca censuras nada”.
Manoliño, a xente non é tan tonta como ti cres, que por un patético artigo de un “pepito” vai a cambiar o seu voto un día antes das eleccións, e por moito que te empeñes, o noso grupo vas a ter que soporta-lo mais tempo do que che parece. O empeño do teu partido de recuperar a poltrona a toda costa, antes pasaban a maquinaria de botar gravilla nas vísperas, agora recorren a xente coma ti para que vaian descalificando a xente que de momento non pudo facer nada porque non tivo opción, pero que parece que pode te-la, e eso dóevos. Sorte a todos para mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario