martes, 17 de mayo de 2011

JOSECHU , IDEAS, TRABALLO E ILUSIÓN


 Desde a capital da Bretaña peninsular non podo menos para comenzar que lembrar  a figura de D. Alvaro Cunqueiro nos cen anos do seu nacemento. E por qué? Por dous motivos. Primeiro como referente da literatura galega, española e universal, e segundo, que aquí agora é o que máis nos interesa, polo seu mindoniensismo. Ninguén fixo máis por espallar o nome de Mondoñedo polo mundo que D. Alvaro, e o nome de Mondoñedo de Cunqueiro estarán para sempre indefectiblemente unidos na historia futura.
            E da historia futura é da que vos quería  falar hoxe, a xa que o grupo que eu encabezo estamos fartos de escoitar o que Mondoñedo foi. Estamos hoxe aquí, i este é o motivo principal deste acto, para comprometernos co futuro. E o futuro escribímolo nosotros mesmos. Ninguen vai vir de fora a solucionárnola papeleta.
            O descenso poboacional en picado de Mondoñedo.
           A falla de postos de traballo e a xente nova que se ten que ir vivir fora.
           A gandeiría está desaparecida e a agricultura vai camiño do mesmo.
           A hostelería e o turismo no acaban de arrancar. E para muestra un botón. O único que vai facer negocio coa festa da pataca é o que alugou a carpa que aínda para máis, sguramente non será un empresario de Mondoñedo-
          E de urbanismo mellor nin falamos: dúas alturas nas vivendas da Avenida de Bos Aires e  fronte á porta deste Auditorium temos tres, naves industriais en construcción en San Lázaro e o parque empresarial está totalmente valeiro, unha subestación eléctrica á carón dun comxunto histórico artístico e dunhos terreno de protección da paisaxe. Sin falar do Auditorium no que nos atopamos construido en terrenos do Obispado, ou esta rúa que lle houbo que rebar un metro ó muro de Alcántara para que colleran as casas. Ou si queredes falamos dalgún proxecto de Hotel paralizado que ten medio cortasda unha rúa desde hai máis dun ano. Este é o urbanismo de Mondoñedo, namentras as administracións están a repartir catro pesos para reformas de vivendas que non dan nin para o lousado.
          Queremos facer unha ruta de museos e talleres de artesanía, e témola asociación de artesáns e os locais que eles rexentan totalmente esquecidos desde hai moito tempo. Do horario de apertura dos museos e da oficina de turismo mello non falar. Coordinación cero.

          E fronte a esto qué propoñemos os membros da candidatura que eu encabezo? Pois como a tarta de Mondoñedo tres ingredientes distintos e un soio sabor verdadeiro como diría o inesquecíbel Carlos Folgueira, o noso outro gran embaixador, o Rei das tartas. IDEAS, TRABALLO E ILUSION. O cabelo de anxo son as ideas, o bizcoito é o traballo, e as améndoas son a ilusión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario