sábado, 7 de mayo de 2011

PILARES BÁSICOS DO NOSO PROGRAMA

JOSÉ MARÍA ARTIAGA DIAZ

As vindeiras eleccións municipais foron xa convocadas e pensarán vostedes que somos
outra vez os de sempre. Os de sempre sí, pero con matices.
Os membros da candidatura de Converxencia Galega que eu encabezo somos xente nova e de mediana idade, e non tivemos nunca a oportunidade de dirixi-los designios do noso Concello.
Queremos facer un Goberno que rache coas ataduras do pasado para crear emprego na comarca. Contra a crise, traballo e ideas.
Imos desenrolar un urbanismo sostible e de futuro, pero ó mesmo tempo ambicioso no noso Concello, sí ou sí.
Imos encher o noso Parque Empresarial de actividade industrial aínda que haxa que subvencionar as parcelas, sí ou sí.
Imos impulsar a creación dunha Cooperativa Horcola no noso Concello, sí ou sí.
Imos impulsar a creación dun Hotel de Gran Categoría como soporte do noso turismo, sí ou sí, xa sexa no Mirador ou noutro enclave.
Imos  desenrolar un  plan  de desenvolvementturístico  que leva morto na Casa do Concello un montón de anos, ou sí. E falando de turismo, o pouco ou moito que se fixo neste campo corresponde case todo á nosa etapa na Delegación de Turismo hai vinte anos: apertura da Oficina de Turismo, visitas guiadas ás Covas do Rei Cintolo, Concentración de Motos e creación da Cea Medieval do verán que se transformou no actual Mercado Medieval.
Basándonos nestes catro piares queremos deter a caída en picado á que está abocado Mondoñedo, que nos últimos cen anos perdeu máis da metade da poboación. Non somos  más  de  lo  mismo.  Somos  unha  opción  difierente,  progresista,  liberal  e galeguista, e sobre todo con visión de futuro. Somos xente que levamos toda a vida xogándonos o pan comprometidos co noso Concello.
Ós que tedes un nimo de esperanza e credes que no futuro en Mondoñedo aínda pode estar a vosa casa, pídovos que confiedes en nós para o 22 de maio.
Mondoñedo Nai e Señora, Saúde e Terra.
  



José María Artiaga Díaz Josechu”




No hay comentarios:

Publicar un comentario