Os biosbardos son una figura mitolóxica existente en Galicia e coa que se gastan bastantes bromas, algunhas delas relacionadas cós nosos ríos.Tamén se chaman cocerellos, gazafellos e cazarellos, en castelán gamusinos.Moitas veces hai xente que invita a buscar biosbardos, normalmente pola noite que é realmente cando saen. Cazar biosbardos, sen matalos, é apasionante.Son dende logo moi esquivos e á primeira de cambio poden ata mexar por nos...hai que ter moito cuidado. O tamaño hai de todo dende o tamaño dun pequeno coello ata o tamaño de medio dedo, ver os dibuxos máis abaixo. Hai xente que dí que voa, ou sexa que é un paxaro, eu o que vín dende logo non tiña ás.Un método bon é ir pola noite e levar un saco, para meter os biosbardos, e un pau co que se vai golpeando a maleza e o chan. Cando sae o biosbardo o que hai que facer é metelo no saco. Convén ir con xente que coñeza o lugar e que estivera en contacto anteriormente con eles.Hai un método totalmente seguro para facer polo menos un achegamento os biosbardos que consiste no seguinte:Vaise a un río calquera, mellor un regato ou un río pequeno, os biosbardos gustan moito de xogar onde o río ten pasais ou poldras. Para velos hai que ir pola noite, mellor de lúa chea xa que si non haberá que levar unha lanterna.
Este é o lugar ideal para ver os biosbardos, pero pola noite.
Este é un biosbardo típico, o tamaño é inferior o de un coello e ten certo parecido a un esquío pero cun rabo completamente distinto e pezuñas como si fora un pequeno cabalo.O da corbata é un pequeno agarimo do dibuxante, dende logo os que teño visto eu non levan corbata, máis ben levan unha especie de pañoleta. No dibuxo vese un gamusino, así é como se chaman en Castela ou biosbardo, así se chama en Galicia, bastante símpático, eu penso que estos abondan máis por Castilla-león e Castilla-A Mancha. En Galicia son máis parecidos os anteriores... Este tipo de cocerello ou biosbardo atópase bastante en Galicia, o tamaño xa o vedes comparando cós dedos.Son moi agarimosos e non morden. Si os levades para a casa morren rápidamente, o mellor é telos un momento e deixalos onde viven, no bosque... Hai biosbardos que son capaces de emitir sonidos que máis ben parecen producidos por un instrumento musical, a noite para oir os biosbardos cantores ten que ser en cuarto menguante, sobre as doce da noite e ter o oido moi fino.
Na fotografía tendes un biosbardo máis ou menos no medio do río. Convén para velo ben ir con alguén que coñeza o lugar, pasar as poldras máis ou menos ata o medio e logo pararse, mirar cara arriba no río, para ver si está escondido na auga. Cando o vexas disfruta de verdade...
O normal é que te achegues mais ou menos a mitade, estos lugares son de pouca auga, entón páraste e seguro que coa luz da lúa e mirando hacía arriba da corrente vexas una figura, si a lúa é chea esa figura será o reflexo de ti mesmo, nese momento o veterano que estará o teu carón dirache que ahí está o biosbardo e seguro que sin que che deas conta acabarás no río...Logo todos reiremos a broma...
Recollido en: http://www.rios-galegos.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario