jueves, 29 de septiembre de 2011


Mondoñedo y Lourenzá aúnan fuerzas en materia deportiva

Lourenzá / La Voz
 
28/9/2011
  • (2 votos)

Los concellos de Lourenzá y Mondoñedo sellaron ayer un convenio de colaboración en materia deportiva que no dudan en calificar de «histórico». Los dos regidores, Vidal Martínez-Sierra y Orlando González, además de Pablo Maseda, en calidad de presidente de las escuelas deportivas laurentinas, y Helena Freire, concejala de Deportes mindoniense, estuvieron presentes en la firma del acuerdo, que tuvo lugar en el consistorio de Lourenzá y durante la cual se expusieron los objetivos y las particularidades del mismo.
El convenio tiene como finalidad «promover e impulsar» el fútbol y el baloncesto en los dos municipios, y entre sus cláusulas figuran, entre otras, la cesión de instalaciones y jugadores. «Neste primeiro ano o obxectivo será formar un equipo infantil de fútbol e outro de baloncesto da mesta categoría», apuntaron en el acto.

El Concello de Mondoñedo capea la crisis apretándose el cinturón

Los recortes de gastos garantizan el cobro de los salarios de septiembre
S. Ordóñez
 
MONDOÑEDO / LA VOZ
 
29/9/2011
  • (4 votos)
Apretarse el cinturón y, en palabras del alcalde nacionalista Orlando González, «aforrar de onde sexa», permite al Concello de Mondoñedo ir capeando la crisis de liquidez. El teniente de alcalde Fernández Haro confirma que el Concello abonará, sin problemas y en plazo, las nóminas de este mes. Rondan los 116.000 euros, incluyendo salarios y costes sociales de los empleados municipales y de los cargos políticos con sueldo.
Los recortes de gastos acordados en agosto evitan que se repita una situación tan delicada como la vivida hace tres años, cuando el Concello no pudo pagar a tiempo las nóminas porque la aportación económica del Estado no llegó cuando esperaba.
Haro confirma que el departamento municipal de Intervención trabaja, intensamente y contra reloj, con el propósito de remitir la liquidación de las cuentas del año pasado antes de que empiece octubre. Es el último día concedido por el Estado a municipios que, como Mondoñedo, aún no han informado de cómo cerraron el ejercicio del 2010. El teniente de alcalde nacionalista confía en que logren cumplir los plazos. Aclara que, en el supuesto de no conseguirlo, el Gobierno central retendría su aportación económica hasta que el Concello no le enviase los documentos contables.
Aunque la crítica situación de Mondoñedo ha trascendido más que otras, la falta de liquidez y cuantiosas deudas pendientes desde hace años se repiten en otros municipios, mariñanos y del resto de España. Convencido de su obligación de «gobernar con seriedade», aunque eso signifique «tomar medidas impopulares, polo ben da poboación e para poder manter os servizos», el ejecutivo que preside el nacionalista Orlando González ha suprimido comidas que pagaba el Concello, como la de Os Remedios, la del hermanamiento con Ferrol o la de la tercera edad. Además, el Concello tampoco correrá con los gastos del alumbrado ornamental de las fiestas de As Quendas, As San Lucas y navidad. Así ahorran 35.200 euros.

domingo, 11 de septiembre de 2011


PSOE-PP : OS CACIQUES DA DEMOCRACIA


O tándem PP-PSOE: o imperio contraataca


A reforma constitucional que lideran contra-reloxo os dous grandes partidos estatais pon de manifesto non só o pouco talante democrático de ambas formacións á procura dun abrasivo e antidemocrático bipartidismo, senón que ademais demostra unha indecente hipocrisía tanto a nivel económico, como democrático e político.
Desde Converxencia Galega, como forza responsable e con sentido común que somos, evidentemente estamos a favor de toda medida que apoie a austeridade e o control orzamentario do gasto público. Pois é de sentido común non gastar o que non se ten, máis aínda nos duros tempos que estamos a vivir. Agora ben, da mesma maneira, tampouco podemos estar de acordo nin nas formas nin no fondo dos acordos tomados por populares e socialistas para pór tope ao gasto das administracións. Acordos cunha alta sobrecarga de cinismo económico, político e económico.

Hipocrisía económica: Resulta ben curioso que tanto PP e PSOE despois de someter á cidadanía durante tantos e tantos lustros a un despilfarro público sen precedentes aparezan agora ondeando a bandeira do “sentido do Estado” ou da “responsabilidade colectiva” para salvar ao país do difícil momento financeiro no que se encontra. Resulta moi cínico por parte dos socialistas falar agora de austeridade cando ata non hai moitos meses gastaban miles de millóns de euros nun Plan E do que aínda estamos pendentes de descubrir os seus efectos positivos. Do mesmo xeito tampouco estaría mal lembrar os famosos 400 euros/per cápita que Zapatero irresponsablemente decidiu “regalar” aos contribuíntes para “premiar o aforro” en épocas electorais. Ou recordar os miles de millóns de euros tirados en subvencións a fondo perdido nas zonas rurais de Andalucía e Estremadura con fins estritamente caciquís e clientelares.

Pero os populares non se quedan atrás neste exercicio de hipocrisía pois cando se lles enche a boca falando de “sentido común” e de non “vivir por riba das nosas posibilidades” se cadra non estaría mal que primeiro se aplicasen o conto e se preguntasen se a insostible débeda do concello de Madrid (as obras faraónicas e as candidaturas olímpicas non saen de balde) , os máis de 6.000 millóns de euros que deixaron en RTVE no ano 2004 ou a faraónica Cidade da Cultura que eles proxectaron,  teñen algo que ver con ese sentido común que agora tanto pregoan aos catro ventos.

Pola contra nin PP nin PSOE falan de unificar os milleiros de pequenos concellos que só serven para duplicar servizos, eliminar as deputacións (alguén sabe para que serven?) ou facer desaparecer a un Senado que non vai máis aló de ser unha cámara meramente decorativa, e que ben serviría para aforrarlle ao contribuínte centos de millóns de euros investidos en gastos innecesarios.

PP e PSOE falan de algo tan abstracto como “non ter débeda por lei”, mais sen dar cifras nin prazos e sen cuantificar cal sería ese teito legal. É dicir estannos a vender fume puro e duro.

Hipocrisía política: resulta tamén ben curioso comprobar como durante tantos anos, quer o PSOE quer o PP, poñían dia si e dia tamén trabas legais para reformar a Constitución nos temas que a eles non lles interesaba (como a reforma do Senado, o Estatut de Cataluña, a laicidade do Estado, a reforma para un sistema electoral máis democrático….) aludindo ás dificultades e ao longo camiño burocrático que implica modificar a Carta Magna. Dando así a idea de que a Constitución é un libro sacrosanto e intocable que non se pode nin discutir nin alterer (como se da Biblia se tratara) e que só os antidemócratas e traidores pretenden cambiar. Mesmo nos anos da Administración Aznar eran moitos os que falaban de “patriotismo constitucional” erguéndose en defensores na non-alteración deste libro (aquí resulta gracioso observar como moitos dos que no seu día non apoiaron a Constitución agora aparezan como os seus máximos valedores, non estando de máis lembrar que Alianza Popular –embrión do actual PP- foi o único partido xunto con Herri Batasuna que non votou a favor da Constitución no Congreso).

Pois ben, despois de "convencer" á sociedade durante tres décadas de que a Constitución é un texto “blindado” e inalterable resulta que en menos de dúas semanas negocian, fan público e votan a reforma constitucional... pero non quedabamos en que a Constitución non se “toca” así porque si tan facilmente?

Hipocrisía democrática: se o PP e o PSOE consideran que hai que alterar a Constitución no seu dereito están. Do mesmo xeito, tamén teñen dereito a pactar dita reforma e a modificala se teñen a maioría para facelo. Ninguén di que sexa ilegal. Agora ben, que non sexa ilegal non quere dicir que sexa ético, pois se imos a alterar as regras de xogo, como se fixo en 1978, debe de ser a sociedade, e ningún actor mais, a que o decida a través dun referendo.

Resulta tamén curioso como o aínda presidente do goberno, José Luís Rodriguez Zapatero, que tantos anos leva proclamando ao vento o seu famoso talante, non tivera en conta nin o máis minimo –incluso nin para consultar- ao resto das formacións políticas presentes no Congreso. Máis aínda se temos en conta que estamos a falar dunha reforma constitucional, a cal precisa do maior consenso social e político para ser asumida por todos no futuro.

Máis unha vez, a cidadanía observa perplexa como PSOE e PP nos somete, non só a un exercicio de cinismo político, económico e democrático, senón ademais a unha ofensiva bipartidista sen precedentes na historia democrática española. 


Dicía un famoso político vasco que cando populares e socialistas se poñen de acordo nalgo o mellor é botarse a tremer: resulta evidente que o imperio contraataca.