Pasaron case dous meses dos resultados, e xa comenzan a dar os seus froitos; A candidata po lo PP de Mondoñedo acada un posto na deputación provincial no banco da oposición, po lo que percibirá uns 4.200 euros o mes, (50.391 € anuais), lóxicamente terá dedicación exclusiva, e eu me pregunto ¿esa exclusividade a obligará a deixar o seu cargo como concellala da oposición no concello mindoniense? Si é así, ¿qué lles dirá entón os seus 1.318 votantes que a verán como se vai a "traballar" po la provincia de Lugo no canto de "traballar" por Mondoñedo? Pois quérolle lembrar que a sua propaganda de precampaña decía literalmente: “Ninguén fará mais por Mondoñedo” (visto o visto, o slogan podería resultar confuso, pois eu creo que foron as eleccións as que fixeron moito por Elena Candia), tamén está claro que con ese sueldo ben poderá traballar en exclusiva po lo ben do noso pobo, ainda que sexa dende a oposición, pois tempo terá de buscar entidades ou industrias que queiran instalarse en Mondoñedo. Pódolle asegurar que calquera ciudadán mindoniense, si lle prometen ese sueldo mensual por non facer outra cousa, removería ceo e terra por conquerir que eso fose posible. Señorita diputada provincial, no nome de Converxencia Galega de Mondoñedo dámoslle a noraboa por medrar tanto na sua formación política, (que por outra banda xa tivemos mui claro que esa era a sua intención no noso mitin da campaña electoral) ainda que a verdade non entendemos mui ben que unha candidata que PERDE, sí en letras grandes, pois vostede ben sabe que para que o seu partido gañe unhas eleccións en Mondoñedo necesita acadar a maioría absoluta, cousa que vostede non conquireu, decía que unha candidata que perde duas eleccións consecutivas a alcaldía mindoniense ¿como é posible que a premien de este xeito no seu partido?
O goberno do bipartito, xa se expresou o respecto, e con toda a razón, pois non é mui coherente que vostede se pase chorando case dous meses e os poña a parir na prensa cada tres días criticando que dous concellais do grupo de goberno municipal cobren dedicacións exclusivas por valor de case 300.000 euros (según vostede) po los catro anos, e vostede, NA OPOSICION da deputación provincial, e decir, que pouco ou nada vai a poder facer, veña a ganar 201.564 euros, cifra que se verá claramente incrementada coas resultantes dietas que percibirá e os pagos e indemnizacións por desplazamentos, (e cito palabras textuais suas nunha das notas informativas que vostede enviou a prensa, referentes os cobros das exclusividades dos membros do bipartito); salario que imaxino estará bastante por riba do que percibiría na sua actividade laboral privada (tal e como vostede lles criticaba os concellais mindonienses do grupo de goberno) paradóxico, ¿verdade?
Zalo García (membro da candidatura de CG nas últimas eleccións municipais)