sábado, 23 de julio de 2011

Carta abierta de José Manuel Balseiro: Gracias AIMPNE, música sin barreras
22 / 07 / 2011 > Actualidad
MusicoterapiaNOTA DE PRENSA - http://www.mondonedo.net/content/view/1076/128/lang,es/ .- O pasado martes, co gallo da celebración do concerto de apertura do Curso Internacional de Música e Musicoterapia, que está a ter lugar en Mondoñedo, recibín unha distinción en forma de agasallo da  man da presidenta da Asociación AIMPNE, organizadora do evento.

Esta asociación foi quen de demostrar, ano tras ano, que a música é unha ferramenta práctica e motivadora, que traspasa as fronteiras da comunicación convencional e actúa como un elemento estimulante, especialmente beneficioso para as persoas con problemas físicos, psíquicos ou sensoriais.

A distinción outorgada quero dedicarlla aos que son os verdadeiros protagonistas: nenos, rapaces, adultos con necesidades especiais, que durante os días que dura o curso, e nos distintos obradoiros, son capaces de crecer, gañar en convivencia e harmonía.

Falo con total sinceridade cando aseguro que, aínda agradecendo moitísimo o xesto, non son merecedor del, posto que as verdadeiras persoas a homenaxear son desde o primeiro ao último dos voluntarios que fan posible este curso: músicos, mestres, sanitarios, educadores, profesionais da psicoloxía, xornalistas, técnicos de son... e así un longo etcétera que conforman un equipo humano de enorme xenerosidade.

Fago extensible o agradecemento ao Goberno galego, quen decidiu darlle continuidade ao mandato parlamentario que promovemos no seu día, a petición do Grupo Municipal do PP, instándolle ao apoio á organización deste curso, e que se materializou en achegas de distintas consellerías e organismos autonómicos. E tan loable a finalidade desta actividade que animo a que outras administracións fagan o mesmo, como é o caso do Concello de Mondoñedo ou da Deputación provincial. Sumando esforzos, gañamos todos.

Politica, politica.politica. Sr Balseiro faille un flaco favor a asociacion AIMPNE, con este comentario. Os cartos non son do PP, nin seus

Finalmente fago un chamamento ao conxunto da cidadanía da Mariña lucense para que se interesen e se impliquen en actividades como estas que nos recordan que a solidariedade pode estar presente no día a día. Ao mesmo tempo, coa axuda de todos, contribuiremos a facer realidade, ano tras ano, este curso internacional, que dun xeito sinxelo, converteuse por méritos propios nun gran avance en materia de igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, pois traballan para integralas de pleno dereito, como non podía ser menos, nas súas respectivas sociedades. Integralas tamén cando se trata da garantir o goce da música, dos sons sen barreiras.

Converxencia Galega, non ten ningún problema en implicarse en este tipo de actividades, si contamos con 20 ou 30.000 euros. está feito. Así de facil. Despois o noso alcaldable, Josechu recibirá un cuadro, unha ovación do respetable e a coller votos, que buenos somos.
Por favor Deixen a AIMPNE, seguir desenrolando a súa boa labor e non a POLITICEN.

Jose Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia
                                                                                                                      en negro, en verde C.G.
NOTA
Esperamos que colgues ben o cuadro. Ten moito fruto, pero non ten terra, veselle a raiz..moitos somos os que nos preguntamos ..¿de donde lle virá  o fruto ?.................................
da Politica, cos nosos cartos de impostos que xogan no seus beneficios. 
Señor Balseiro moito marketing...¿quizais debe de ser este un recoñecemento de Elena Candia como diputada provincial hacia vosa persona?
Hoxe é Santa Brigida de Suecia, patrona de Europa,   dentro de pouco de Mondoñedo. Vos sona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario