
Señorita diputada provincial, no nome de Converxencia Galega de Mondoñedo dámoslle a noraboa por medrar tanto na sua formación política, (que por outra banda xa tivemos mui claro que esa era a sua intención no noso mitin da campaña electoral) ainda que a verdade non entendemos mui ben que unha candidata que PERDE, sí en letras grandes, pois vostede ben sabe que para que o seu partido gañe unhas eleccións en Mondoñedo necesita acadar a maioría absoluta, cousa que vostede non conquireu, decía que unha candidata que perde duas eleccións consecutivas a alcaldía mindoniense ¿como é posible que a premien de este xeito no seu partido?
O goberno do bipartito, xa se expresou o respecto, e con toda a razón, pois non é mui coherente que vostede se pase chorando case dous meses e os poña a parir na prensa cada tres días criticando que dous concellais do grupo de goberno municipal cobren dedicacións exclusivas por valor de case 300.000 euros (según vostede) po los catro anos, e vostede, NA OPOSICION da deputación provincial, e decir, que pouco ou nada vai a poder facer, veña a ganar 201.564 euros, cifra que se verá claramente incrementada coas resultantes dietas que percibirá e os pagos e indemnizacións por desplazamentos, (e cito palabras textuais suas nunha das notas informativas que vostede enviou a prensa, referentes os cobros das exclusividades dos membros do bipartito); salario que imaxino estará bastante por riba do que percibiría na sua actividade laboral privada (tal e como vostede lles criticaba os concellais mindonienses do grupo de goberno) paradóxico, ¿verdade?
Zalo García (membro da candidatura de CG nas últimas eleccións municipais)
No hay comentarios:
Publicar un comentario