Impuesto sobre Bienes Inmuebles – Ayuntamiento de Mondoñedo La siguiente tabla ha sido elaborada con los datos facilitados por la Agencia Tributaria.
Rev. Catastral: Año de entrada en vigor de valores catastrales de urbana, resultantes de procedimientos de valoracion colectiva de caracter general. T. Urbana: Tipo de gravamen urbana (uso residencial). T. Rustica: Tipo de gravamen rustica: Carat. Esp: Tipo de gravamen de caracteristicas especiales. |
Este blog é un medio de comunicación e difusión do partido CONVERXENCIA GALEGA DE MONDOÑEDO onde terán información da nosa actividade política na nosa cidade. É un espacio aberto para suxerencias que quera facer calquer veciño co fin de recopilar os problemas máis destacables que temos que solucionar pensando no ben de todos e no interés xeral. O NOSO E-MAIL: converxenciagalegamondonedo@gmail.com. FACEBOOK: converxencia galega mondonedo
busqueda etiquetas2
Secciones Nerja Pop
BUSCADOR DE ETIQUETAS
miércoles, 27 de abril de 2011
IBI, IMPOSTO.TIPO DE GRAVAMEN
martes, 26 de abril de 2011
lunes, 25 de abril de 2011
NUESTRO GRUPO Y AMIGOS CIDADE DE MONDOÑEDO
PARTIDO GALEGISTA
Dende o mesmo momento da súa creación, o Partido Galeguista de Mondoñedo sempre
estivo, i estará, a traballar con esforzo na procura da mellora da calidade de vida
de tódolos Mindonienses.
Neste sentido levaremos a pleno, o vindeiro 26 de Xullo, as seguintes mocións, rogos
e preguntas.
-Instamos ao Concello a contactar coas administracións competentes para a elaboración
dun plan de choque que solucione a terrible sangría que significa o tramo da
nacional 624 entre o Mirador a o alto da Xesta.
-Instamos ao Concello a facer as xestións oportunas para poñer en bo uso as instalacións
e o entorno da piscina fluvial da Fervenza, a limpeza dos depósitos, parrillas,
aseos, bancos e mesas... atopándose estes últimos nun estado lamentable.
-Tamén desexamos que o Concello se dirixa ao Organismo competente para o control
do estado das augas e saber o porque da presencia ñas augas dunha espuma
amarela de gran densidade.
-Solicitamos que o Concello habilite algún local na Casa da Cultura para que de forma
permanente, previa solicitude, todas as asociacións existentes na Cidade se poidan
reunir, organizar eventos...
-Rogamos ao Goberno a que interveña na limpeza e aseo do acceso sur da Cidade,
polo Casal e a Tolda, xa que se atopa nun estado selvático. Consideramos que o principal
acceso a Mondoñedo, por Lugo e A Coruña, non pode estar nese estado.
- Pedimos que si este equipo de Goberno tampouco e capaz de rematar o aparcadoiro
e accesos á zoa da Alcántara, que cando menos manteña limpos os accesos aos
Xulgados e ben baladas as interminables obras.
-Instamos ao Goberno a sinalizar por toda a Cidade os espacios de interese, aparcadoiros
e demais servicios públicos.
-Instamos ao goberno a redactar unha ordenanza municipal que permita retirar, cando
sexa preciso, cunha grúa os vehículos que impidan a transito na Cidade.
-Pedimos a urxente intervención do concello no arranxo e mellora dos deteriorados
xogos infantís do parque da Praza do Seminario, asi mesmo e atendendo a demanda
dos usuarios, solicitamos a colocación dunha porta ou cancela no acceso ao parque
pola rúa da Imprenta, dito acceso supón un evidente perigo para os nenos que poden
saír correndo a unha rúa pola que pasan vehículos a cotío e non conta con beiraruas.
-Solicitamos a inmediata recolocación do espello do cruce de saída da PAC coa avda.
Carlos Folgueira. Dito espello leva meses descolocado e non permite unha correcta
visibilidade nun cruce tan perigoso.
-Solicitamos a urxente restauración do mobiliario urbano, papeleiras ..., que dende a
súa colocación non foron recuperados e as poucas que sobreviven atópanse moi
deterioradas.
-Queremos denunciar ante as administracións. o lamentable estado de afundimento
do polígono industrial, que se fai máis evidente coa construcción da rotonda de acceso
norte á Cidade. Neste polígono tíñanse que ter aportado 200.000 m3 de recheo e
non se botaron nin a metade, ignoramos o destino dos cartos necesarios para ese
recheo, toda vez que non se fixo ningunha mellora nas instalacións nin nas infraestructuras.
-Queremos saber cando teñen previsto realizar a tan prometida auditoría.
-Queremos saber tamén si teñen previsto retirar os nefastos bolardos do centro histórico,
e cando o pensan facer.
AMIGOS CIDADE MONDOÑEDO-AGOSTO 2007
AMIGOS CIUDAD DE MONDOÑEDO OCTUBRE 2007
O Partido Galeguista de | algunha licencia ou permiso |
Mondoñedo continua a traba- | veñan correctamente escritos, |
llar para a mellora ,tanto do | para unha maior transparencia |
benestar dos veciños da nosa | e claridade. |
Cidade, como na democratiza-ción e transparencia da xestión municipal. Grazas as nosas xestións con-seguimos a retirada dos nefas-tos bolardos do casco histórico da Cidade. Pero como esta lexislatura non fixo máis que comezar propuxemos, no pleno de agosto, ademais de reiterar puntos anteriores, como a limpeza e aseo do acceso sur da Cidade | Tamén preguntamos o seguinte: -¿Cando teñen previsto que chegue a TDT a Mondoñedo? (lembrar que o pleno foi o 30 de Agosto) -¿Cando teñen previsto o arranxo da curva do "Sábelo"? Aproveitando tamén estas páxinas, pedímoslle ao goberno que substitúa ou retire as |
que continua nun estado bochor-noso unha vez que xa pasou o verán, que se teñan en considera-ción os seguintes puntos: -Rogamos unha solución para que o persoal laboral que se adica as labores de limpeza das rúas non teña que facer o servizo en roupa de calle. -Rogamos o bacheo da zona de accesos aos bloques de vivendas da zoa de "Viñas da Veiga". -Rogamos unha correcta sinalización da Cova do Rei Cintolo, do salto do Encoro así | antiestéticas vallas de obra que se atopan fixadas ao chan fron-te o centro comercial Peña de Francia, así como o repintado das marcas viais dos cruces da Avda. de Buenos Aires coa estrada de Meira nos puntos denominados de "O montón" e "fronte ao chalet de Geada". En outro orden de cousas, queremos facer fincapé no bo uso político que dende o gober-no se lle está a dar á falla de empuxe e inexperiencia do principal partido da oposición, que por outra banda é o partido mais votado do Concello. |
como o resto de lugares de inte-rese do Concello. -Rogamos que se informe á cidadanía e a os grupos políti-cos das actuacións dos nosos gobernantes referidas ó Asilo de Anciáns. | Finalmente o Partido Galeguista de Mondoñedo espera e desexa que a actitude deste goberno, co noso grupo e cos veciños que non van pola súa man, non continúe a ser mais propia de mandatarios e |
-Rogamos que no sucesivo os | rexímenes anteriores, que de os |
nomes das empresas ou parti- | que dicían ían darlle un novo |
culares aos que se lles outorgue | aire democrático ó Concello. |
O Partido Galeguista incluía no programa das eleccións municipais. a
realización dunha auditoría no Concello. Sempre consideramos que con
esta medida se aclararían as vellas e estériles disputas dos diferentes grupos
que ostentaron en algún momento o goberno municipal.
Parécenos lamentable que o actual goberno leve un ano sen facer nada
coa única desculpa de que o PP deixou o Concello arruinado. É evidente
que existe un gran furado económico no Concello, é evidente que isto
dificulta enormemente a labor de goberno, é tan evidente que nos sorprende
que concelleiros con tan dilatada experiencia municipal non tiveran
unha idea, aínda que fose aproximada, da situación económica, nin
tiveran preparado un proxecto para saír desta profunda ruína, sobre todo
tendo tan bos contactos como teñen ¿?
Non sabemos a situación actual das contas do concello, non sabemos
porque se debe tanto nin a quen se lle debe, non sabemos si o actual equipo de goberno saberá sacarnos desta
ruína, non sabemos quenes son os responsables da. tan avultada, débeda, pero o que nos pedimos son solucións,
que na nosa opinión comezaban hai xa un ano coa realización da auditoría para poñer a cada un no seu sitio.
Irnos ver agora si as solucións chegan ao Polígono Industrial e á residencia de Anciáns, pois parece que,
como son temas moi complexos, continúan a mandar "os de sempre".
Partido Galeguista de Mondoñedo
Saúde e terra.
A opinión do Partido Galeguista
AMIGOS CIUDAD DE MONDOÑEDO AGOSTO 2008
Desde octubre del 2007 este periódico no dio comunicaciónes de política municipal
Esta polémica fue propiciada por el siguiente articulo
Al grito de difama, difama (como si del eurovisivo ¡perrea, perrea! del Chikilicuatre se tratara), el
nuevo Gobierno Municipal de Mondoñedo inicia su particular andadura en Junio de 2.007, más preocupado por hacer una revisión de los ocho años de Gobierno del Partido Popular que por hacer un gobierno serio y responsable que presente un Plan de Futuro para este Concello. Sirviendo de disculpa a la incompetencia gubernamental ( ni un solo proyecto nuevo en todo un año y paralización absoluta de los preexistentes), utilizan la campaña de la difamación y del desprestigio personal de los que tuvimos el honor de ser responsables municipales durante ocho años ( con nuestros aciertos y nuestros errores, pero con total y absoluta honradez); personas que hemos acreditado con nuestro trabajo y nuestro esfuerzo una inversión de más de 6.000 millones de las antiguas pesetas en nuevos servicios ( Guardería, Viviendas Sociales, Estación de Autobuses, Albergue de Peregrinos…),y la adquisición de patrimonio para nuestro Concello por valor de más de 200 millones de pesetas. Modestia aparte, creo que con nuestro trabajo algo hemos contribuído a la mejora de las condiciones de vida de nuestros vecinos. Tras un largo año plagado de mentiras: que si el Concello está en quiebra, que no hay dinero para nadie, que a Uds. no le tapo un bache porque no hay dinero, uno no dejaba de sorprenderse de que contradictoriamente los gastos de representación de este “Gobierno Viajero” aumentaban a ritmo vertiginoso.
Por poner sólo unos ejemplos de lo que hemos comprobado en “contención de gasto público”, y siguiendo
la famosa canción del Chikilicuatre:
Uno: El brikindance: No había dinero público para nada, pero por el pacto “progresista” se elevan a
dos el número de dedicaciones exclusivas en el Concello, subiendo las remuneraciones de los agraciados Alcaldes de carambola a más de 67.000 euros anuales de salarios políticos, dietas aparte.
Dos: El crusaíto: en el viaje a FITUR del año 2.008, en sólo un año, se ha gastado en dietas el Gobierno
“progresista” más del doble de lo gastado por el Gobierno popular en ocho años.
Tres: El maikelyason: se reinician los costosos viajes a Treguier- eso sí, como siempre sólo para los
amigos- a gastos pagados a costa del Concello. Algún proveedor de Mondoñedo sabe de que estoy hablando y recordara cuando en el año 1999 tuvimos que hacer frente a las deudas del Hermanamiento.
Cuatro: El robocop: se van de vacaciones pagadas a Uruguay ( que debe ser un pais muy guay- como
dice Bart Simpson-), bajo el eufemismo de Viaje institucional á República de Uruguay. Los mindonienses estamos seguros de que esa gestión (viaje de placer) se traducirá en importantes mejoras socioeconómicas que redundarán en beneficio de todos. Convencidos de que, como el Gobierno anterior con Finsa- Ecar, logren asentar a una gran multinacional en nuestro Concello. Después de toda la campaña difamatoria-vamos a hacer una auditoria, etc.….-, no se hace la tan citada auditoria ( se contrata únicamente a una consultora amiga- con coste superior a los 30.000 euros el trabajito- para cerrar la contabilidad de los años 2.006 y 2.007, labor que siempre hicieron los funcionarios municipales) ¿ por qué no se contrata la tan cacareada auditoria si hasta el P.P. no se opuso a que se hiciera? Por la sencilla razón de que así podemos seguir difamando y mintiendo sin que nada ni nadie descubra la GRAN MENTIRA. Y además para sorpresa de propios y extraños el Ayuntamiento solicita en el Presupuesto de 2.008 un crédito de 250.000 euros. ¿Pero no quedamos en que estábamos en quiebra y no había posibilidad de endeudamiento? Partamos de un hecho cierto e incontestable: la deuda cuando el Partido
Popular accede al Gobierno en el año 1999 (Contabilidad cerrada en documento público en el Ayuntamiento a disposición de todos los vecinos) era de 3´6 millones de euros (600 millones de pesetas). El Gobierno Popular no hizo nunca de esa deuda heredada- y bien que pudimos hacerlo- causa de agresión ni revisionismo. Simplemente, nos dedicamos a trabajar con esfuerzo y tesón y a cumplir nuestro compromiso con los vecinos. Nuestro gobierno hizo público a final de las dos legislaturas que, pese a la inversión de más de 36 millones de euros (6.000 millones de pesetas) durante esos ocho años y a la adquisición de numeroso patrimonio ( terrenos del Parque del Cementerio, terrenos del Auditorio, Piso y Local en Os Muiños, Centro Comarcal, Edificio del Orfeón, Albergue de Peregrinos, terrenos en el Polígono Industrial, Aldea de Vilar…) , se había reducido la deuda en 1´2 millones de euros y se había incrementado el patrimonio municipal en más de 1´2 millones de euros.
Y la sorpresa, y la demostración de la GRAN MENTIRA llega cuando se presentan los presupuestos
de este año y señalan que la deuda del Concello es de 3´2 millones de euros (Diario El Progreso- Edición A Mariña de 27 de Mayo de 2.008). Con posterioridad a la publicación de este artículo el Gobierno Municipal vuelve a rectificar y señala que la deuda es de nada más y nada menos que 9 millones de euros, es decir, en menos de un mes y continuando en la mentira el Gobierno Municipal multiplica por tres la deuda que ellos mismos habían publicado. Un ejercicio de rigor político incontestable. Conclusión: Aún admitiendo- que no se admiten por inciertos - la realidad de los números presentados por los nuevos gobernantes después de un año, ellos mismos reconocen que la deuda en esos ocho años se ha reducido en 400.000 euros (todo ello, claro, sin tomar en consideración que 600 millones de pesetas de 1999 poco tienen que ver con 3,2 millones de euros –
533 millones de pesetas de 2.008-). Parece que, en todo caso, el dinero del Concello es suficiente para sufragarse sustanciosas dedicaciones que les arreglen la vida a algunos; y al resto parece que les permiten disfrutar de apetecibles viajes por todo el mundo a costa del dinero de todos. Al menos, de eso, me alegro personalmente.Que lo disfruten.
Luís Regó Valcarce
Alcalde de Mondoñedo (1999-2007)
RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL
Goberno Municipal de Mondoñedo
A Luís Rego
Facendo caso omiso do tono displicente empregado polo
ex alcalde de Mondoñedo na súa interesada e particular
visión da situación económica na que deixou o Concello, é
preciso realizar as seguintes puntualizacións:
I- Non existe campaña de difamación e desprestixio
contra a persoa do señor Luís Rego Valcarce, nin tampouco
afán de revisión dos oito anos de goberno ou desgoberno
do Partido Popular.
II. Si existe preocupación no actual goberno municipal
pola grave situación económica herdada, e polo escaso
marxe de manobra que esta permite para levar a cabo a
xestión desexada. Situación que vén definida polos seguintes
feitos:
—O considerable atraso en materia orzamentaria e
contable, ao deixar pendente de peche o exercicio do 2005
e sen contabilizar os exercicios dos 2006 e 2007. Un atraso
produto do seu desleixo durante os últimos anos ao
fronte do goberno popular.
—A importante “débeda viva” contraída con contratistas
e proveedores, reclamada un día si e outro tamén,
ben directamente ou por vía contenciosa. Débeda viva
cuantificada ao inicio do presente mandato de maneira
aproximada en 3.886.760,38 euros, que este goberno reduciu
en 627.155,23 euros desde que tomou as rendas do
Concello, e que constitúe só parte do pasivo total do Concello.
Pasivo que teremos oportunidade de coñecer na súa
integridade cando rematen os traballos de actualización e
contabilización dos exercicios 2005, 2006 e 2007, contratados
a unha consultora porque vostede non actuou coa
seriedade e responsabilidade que o cargo de alcalde requiría.
As enormes dificultades para sufragar os gastos derivados
duns servizos e recursos humanos sobredimensionados.
Circunstancia que, xuntamente coa débeda, obriga a este
goberno municipal a realizar unha notable diminución no
gasto corrente (perto de 400.000 euros no orzamento
2008).
III. Partamos de feitos certos en incontestábeis:
—A débeda, cando o Partido Popular accede ao
goberno no ano 1999, era de 3,6 millóns de euros.
—A débeda a 31 de decembro de 2004
(contabilidade pechada en documento público no Concello
a disposición de tódolos veciños e vacinas), era de 9,05
millóns de euros.
—O goberno popular aumentou a débeda en 5,45
millóns de euros no período comprendido entre 1999 e o
2004. (Semella que a gran mentira é a que vostede pretende
introducir na opinión pública mindoniense).
IV.Resulta sorprendente que critique, nos termos
en que o fixo:
—As dúas adicacións do actual goberno, cando no
presidido por vostede, a súa dedicación exclusiva e unha
adicación parcial ascendían a 69.360,36 euros anuais de
salarios políticos, dietas aparte... Debemos concluír que
as, — por vostede mesmo consideradas —, «sustanciosas
dedicacións viñeron arranxarlle a vida a algún... ou que só
vostede e digno delas?
— As viaxes e gastos de representación institucional,
cando o seu goberno, tan só no exercicio do 2000,
cobrou por concepto de desprazamentos e dietas a cantidade
de 15.845,19 euros e, deles, 6.791,43 euros percibíronos
por reunións en barrios e parroquias do Concello...
Quere que sumemos o cobrado por estes conceptos nos
oito anos de goberno popular? Está visto que vostedes non
precisaban viaxar lonxe para cobrar, aínda que algún itinerario
por covas turisticas do Estado si que realizaron pasando
as correspondentes dietas.
—A viaxe a Uruguai, sabendo que o Concello non
gastou un só euro nesta viaxe institucional, que o alcalde e
concelleiros desprazados. pagan do seu peto o non cuberto
pola Deputación Provincial de Lugo e o Goberno de Uruguai
e que este país acolleu cos brazos abertos a moitos e
moitas mindonienses que tiveron que emigrar no seu día
para gaña-lo pan. (Viva Uruguai, independentemente de
que ao señor ex alcalde lle resulte rnáis ou menos guai).
O goberno municipal non ten intención de continuar na
dialéctica por vostede pretendida, estamos demasiado ocupados
— como goberno serio e responsable— en traballar
a prol do benestar dos mindonienses; comezando por intentar
arranxar e superar os efectos colaterais do seu maravilloso legado.
NOTA DE PRENSA P.GALEGUISTA
Parécenos lamentable que o actual goberno leve un ano sen facer nada coa única desculpa
de que o PP deixou o Concello arruinado. É evidente que existe un gran furado económico no
Concello, é evidente que isto dificulta enormemente a labor de goberno, é tan evidente que nos
sorprende que concelleiros con tan dilatada experiencia municipal non tiveran unha idea, aínda
que fose aproximada, da situación económica, nin tiveran preparado un proxecto para saír desta
profunda ruína, sobre todo tendo tan bos contactos como teñen ¿?
Non sabemos a situación actual das contas do concello, non sabemos por qué se debe
tanto nin a quen se lie debe, non sabemos si o actual equipo de goberno saberá sacarnos desta
ruina, non sabemos quenes son os responsables da tan abultada débeda, pero o que nos pedimos
son solucións.
O Partido Galeguista incluía no programa das eleccións municipais, a realización dunha auditoría
no Concello. Sempre consideramos que con esta medida aclararíanse as vellas e estériles
disputas dos diferentes grupos que ostentaron en algún momento o goberno municipal.
A vontade do Partido Galeguista é traballar para sacar adiante este Concello, nese senso
expoñemos nos medios que para o pleno de setembro preguntaremos ao Goberno si son conscientes
do evidente problema acústico que provocará o paso da autovía pola ladeira do Padornelo,
xa que o simple trasegar dos camións de obra déixase sentir en todo o Val, queremos
saber si os estudos ambientais inclúen un estudo acústico e de ser así, cómo se vai evitar o ruído.
No mesmo pleno interesarémonos tamén si o Equipo de Goberno está a facer un
seguimento das reivindicacións feitas por outros concellos que afectarán a lei de Demarcación
y Planta, da que dependen os Xulgados, coa conseguinte perda do espazo xeográfico
e poboacional do Xulgado de Mondoñedo.
Está visto que estes mesmos criterios, xeográficos e de equidistancia, desaconsellarían
que se fixeran modificacións. Esto temos que poñelo en coñecemento dos responsables do Ministerio
de Xustiza, da consellería de presidencia e da dirección xeral de xustiza. Si o aumento
poboacional ou de a carga de traballo dos xulgados fora tan grande, o que terían que facer as
autoridades e parlamentarios competentes é crear un terceiro xulgado ou unha nova sala no seu
actual emprazamento, na cidade de Mondoñedo, para atender as devanditas demandas
Preguntaremos tamén, cando e como se vai solucionar o problema do vertedoiro
incontrolado, que non punto limpo, ubicado na nave do concello, pois os verquidos e
limpezas de vehículos municipais van polas cunetas directamente a verter ó río.
No mesmo senso rogaremos a quen corresponda, que a limpeza de colectores, tema
estrela da campaña cando eran oposición, se faga segundo as necesidades dos mesmos, pois a-
Lnos que con unha limpeza semestral abonda, pero tendo en conta a súa ubicación outros non,
algo tan evidente que se percibe con un pequeno paseo polo concello.
Vai xa para vinte anos que se se lle concedeu á Cadena Ser unha emisora no noso concello,
e hai xa varios anos que non está a emitir dende a nosa cidade. Dende o Partido Galeguista
non entendemos o incumprimento desta empresa de comunicacións nin entendemos a deixadez
dos distintos gobernos que non lles están a esixir que cumpran coas súas obrigas.
Para rematar reiteraremos o noso rogo de que o Concello inste ao Ministerio de Fomento
a que pona os medios técnicos e materiais para por freno a esa terrible sangría que supón
o tramo da N634 entre o alto da Xesta e Mondoñedo, pois estase a repetir a cantidade desorbitada
de accidentes de tráfico cada vez que empeora un pouco o tempo.
Partido Galeguista de Mondoñedo Saúde e terra
OCTUBRE 2008
AMIGOS CIUDAD DE MONDOÑEDO
O Partido Galeguista de Mondoñedo opina que a actitude do Sr. Bispo non |
é de recibo no referente á solicitude de licencia de obra para o "noso" Asilo de |
anciáns entendendo que lle foi outorgada por silencio administrativo. |
O PG de Mondoñedo defendeu e defenderá sempre que a titularidade do Asilo non |
recae no Sr. Bispo se non que pertence ao pobo de Mondoñedo, polo tanto e non |
sendo demostrada a propiedade do mesmo por parte do bispado consideramos que a |
devandita actitude do Sr. Bispo, mal asesorado polos seus acólitos, está a ser |
degradante cara os cidadáns de Mondoñedo, que somos os lexítimos propietarios, e |
está tamén a ser de dubidosa legalidade dacordo coa lexislación vixente. |
As forzas políticas que non condeen estas actuacións, como viñeron facendo algúns |
ata a data de hoxe, van a ser cómplices desta desfeita. |
O razoamento demagóxico de certos sectores Feijooístas ante esta inxustiza de dicir |
que si non se dobrega o que facemos e perder o asilo, vai ademais contra os |
mandamentos da Santa Madre Iglesia (.. .non roubarás....). |
Noutro orde de cousas o PG de Mondoñedo plantexará, como é costume, certas |
demandas sociais como a necesidade da apertura e mantemento dos aseos públicos |
da Alameda, tan infrautilizados como demandados sobre todo dende a creación do |
parque infantil xa demandado tamén polo Partido Galeguista fai bastante tempo. |
Tamén nos interesaremos por vellos asuntos como a paralización do parque |
empresarial, a apertura das visitas As Covas do Rei Cintolo, e un largo etcétera de |
cuestións que seguen paralizadas por este pouco productivo Goberno. |
Saúde e Terra |
ABRIL 2009
Nota de prensa do Partido Galeguista de Mondoñedo
Un ano máis e van ....continuamos cun goberno local inoperante e tan multicéfalo que xa non sabemos que fan si é que realmente están a facer algo. Despois de media
lexislatura e contando cun goberno Autonómico e Provincial da súa corda están a demostrar a súa total inoperancia e falta total de ideas e proxectos para o noso pobo.
¿ Qué foi da tan cacarexada auditoría? A ver si se enteran de unha vez que a caixa única non é legal pois os cartos procedentes doutra administración a través dun convenio só
se poden adicar ao pago das obras tratadas nese convenio concreto. Xa non nos sorprende que este equipo de goberno non faga nada e os proxectos a medio e longo prazo,
véxase a parada do polígono empresarial, a falla total de información sobre da paralización das obras na autovía, a inoperancia do polígono agrario, os abastecementos no
rural, a falta de comezo das obras do tan cacarexado plan E, aprobadas con tanta urxencia fai xa seis meses, e un longo etcétera de asuntos que son incapaces de xestionar. Pero
tamén son inoperantes no quefacer diario en cousas tan ordinarias como a recollida e limpeza de colectores, a acumulación de residuos na nave do concello por falla de acordos
para dispor de un punto limpo ou calquera outro tipo de recollida selectiva e ecolóxica. Se non fose dabondo con esta parálise atopámonos tamén con esa dobre moral ou falta
de definición en asuntos de interese social como quedou patente no asunto das minicentrais, era un tema que había que levar polo camiño do dialogo cando tiñan unha Xunta
favorable, freando calquera intento de manifestación popular tanto en precampaña como na propia campaña electora e converteuse na primeira reivindicación ao novo goberno
da Xunta.
Noutro asunto no que quedou clara a súa ambigüidade foi coa licencia de obra do "NOSO" Asilo de anciáns, pois mentres membros do goberno colaboraban a prol do
recoñecemento da propiedade do Asilo ós veciños de Mondoñedo, coa outra man danlle a licencia ó Sr. Bispo dando por bos os seus argumentos, a cambio claro de unha
suculenta taxa de máis de 35.000 Euros, que tanta falla fan as arcas municipais.
O sometemento ós poderes fácticos no noso concello é total e absoluta xa sexa en temas de persoal de urbanismo e administrativo, en comparación coa igrexa ou en outros
temas de persoal inoperante do concello, onde seguen a favorecer ós amigos de turno na máis vella tradición do caciquismo galego.
Saude e térra
AGOSTO 2009
O Partido Galeguista de
Mondoñedo opina.
Unha vez máis vémonos na obriga de saír aos
medios para tentar facer chegar a tódolos veciños de
Mondoñedo non só a labor de oposición constructiva do
Partido Galeguista, senón tamén para reiterar a total falta
de diálogo e transparencia do equipo de goberno, así
como a súa coñecida inoperancia.
Estas afirmacións nin son gratuítas, nin pretenden
desacreditar a unha coalición que xa de por si esta a
dilapidar a confianza que lles foi outorgada polos
veciños,
Dende o PG estamos a traballar dende o primeiro
día en sacar adiante asuntos de suma importancia para a
nosa Cidade, sirva como pequeno exemplo a posta en
marcha dunha vez por todas do polígono industrial, o
correcto desenrolo urbanístico mediante a elaboración do
PXOM, o recoñecemento da propiedade do Asilo de
Anciáns no pobo de Mondoñedo, o desenrolo do
polígono agrario... Sobre todos estes asuntos, así como
os
abastecementos e saneamentos no rural, etc.. estamos a
preguntar nos plenos constantemente, pero como xa é
costume deste goberno local dánsenos evasivas de
tódolos tipos para finalmente quedarmos sen resposta e o
pobo sen servizos nin avances.
En dous anos largos de xestión e deixando a un
lado as controvertidas actuacións na Área da Cidade
Cultural Álvaro Cunqueiro, so foron capaces de facer
catro obras ao aveiro do famoso "Plan E", plan do que se
"beneficiaron" absolutamente tódolos concellos de
España por moi incompetentes que foran os seus
gobernantes.
No último pleno (24/9/09) expuxemos a
necesidade dunha reunión para perfilar posibles
actuacións de cara ao vindeiro Xacobeo do ano 2010,
esperamos que esta proposta non caia en saco roto coma
tantas outras propostas de dialogo presentadas polo
Partido Galeguista.
OCTUBRE 2009
PARTIDO GALEGUISTA
Diante do cartel informativo dunha coñecida empresa constructora lucense para
promover a construcción de naves industriais no barrio de San Lázaro (para o que xa
ten licencia concedida e pagada por tratarse de suelo industrial), queremos desde estas
páxinas recordarlle o Grupo de Goberno que agora e o momento i están na obriga de
expresar cal e a vontade dos nosos gobernantes. Si son ou non partidarios de manter un
pequeno parque empresarial no medio do casco urbán. ¿Non seria mais lóxico
promover a construcción de vivendas coas alturas permitidas e levar as naves para o
Parque Empresarial que se pretende inaugurar en breve. Estou seguro que si se lle
plantexa a empresa promotora esta posibilidade non van a decir que non. No referente
a informacións publicadas recentemente en diversos medios de comunicación, que un
servidor gobernou durante oito anos co P.P., teño que dicir que é falso. Foron tres
anos, entre 1987 e 1990, e na Oposición na que estaban algúns de vostedes sumaban
un total de 7 concelleiros (PSOE, CDS E PSG-EG) polo que non elixiron Alcalde
porque non lles deu a gana. Din vostedes que este Goberno é partidario de ir a litixio
para dilucidar o asunto da titularidade do Asilo de anciáns. Faltan a verdade. Este
Goberno, co seu Alcalde a fronte, o último que quere e ir a un pleito coa Igrexa, e logo
presumen que o BNG é unha forza transformadora e sen atadura, namentres que o
Asilo de Anciáns segue co mesmo estado de abandono de hai case vinte anos. Din
unha cousa e logo fan outra. Relacionar a algún membro do PG con algunha empresa
interesada na explotación dos saltos hidroeléctricos é unha infamia, i e de Xulgado de
Garda. Con moito menos delirio mental poderíamos relacionar os membros do Equipo
de Goberno con intereses moito mais obscuros. A súa grandeza Sres., e que ninguén
asista ós plenos e que non teñan oposición, aínda que en algúns casos teñan que botar
man dos servicios xurídicos do Concello para acabar de rematala. No polígono Agrario
de A Brava non se está a traballar dende hai meses e as obras do plan ZP están a
resultar unha auténtica desfeita na súa execución o mesmo que as da rúa José María
Pardo. A primeira obriga dun gobernante e a de gobernar, e os cancros do noso
Concello seguen a ser os mesmos de hai moitos anos.
Que este goberno segue a traballar a prol dos intereses dos veciños non o dubido. Para
eso os elixiron e por eso cobran varios de vostedes.
O que ocorre é que traballan con desatino, escasa perspectiva e o que é mais grave,
que non escoitan a ninguén. Sería convinte, xa para rematar, que o Equipo de Goberno
exerza a súa función como Grupo de Goberno con mais sentido da responsabilidade e
rigor e non intentando enganar continuamente a cidadanía. Saúde e Terra.
José María Artiaga Díaz
FEBRERO 2010
A comezos do verán o Pleno do Concello aprobou as
Contas Xerais do ano 2006 a efectos da sua rendición ó
Tribunal de Contas e ó Consello de Contas. O retraso
foi de varios anos porque os que tiveron que aprobalas
no seu momento non foron quen de facelo, por falta de
capacidade ou porque non lles interesou.
Na sesión ordinaria do 29 de xullo o pleno aprobou as
Contas Xerais do Concello de Mondoñedo
correspondentes ó exercicio 2007 coa abstención do
concelleiro do Partido Galeguista e dos concelleiros do
PP.
Non hai que esquecer que as contas do 2005 foron
tamén aprobadas cun retraso de tres anos.
As contas referidas a estes anos son as tan
cacarexadas contas que fan referencia a un período
gris no que chegaba diñeiro da Administración
consignado para unhas obras e utilizábase este diñeiro
para facer pagamentos de outras facturas ou gastos
correntes diferentes ós relativos ás referidas obras.
E por este motivo que o P.G. de Mondoñedo se
manifestou contra a aprobación das contas do 2005 no
seu momento e tamén en contra da aprobación das
contas xerais do Concello de Mondoñedo
correspondentes ó exercicio 2006.
Desde a nosa responsabilidade como membros de esta
Corporación non podemos lexitimar nin dar cobertura
legal ó que se deu en chamar popularmente caixa
única, primeiro por motivos morais e de conciencia,
segundo por coherencia e en terceiro lugar por que se
trata dunha ilegalidade.
Desde o PG nin queremos, nin podemos, nin debemos
respaldar co noso voto comportamentos que estamos
cansos de denunciar publicamente.
Noutro orden de cousas na zona de expansión racional
urbanística de Mondoñedo, no barrio de San Lázaro,
estase a levar a cabo a construcción de naves
industriais namentras o Parque Empresarial, xa por fin
operativo, esta baleiro.
Desde a nosa formación apostamos sempre por un
entendemento entre os entes públicos e as empresas
privadas i era obrigación dos nosos gobernantes ter
chegado a un acordo en donde primara o sentido
común.
E para rematar lembrarlle a todolos mindonienses que
como en anos anteriores coincidindo coas festas de
San Lucas e auspiciada polo Concello vaise celebrar a
Festa dos Maiores, unha comida baile o mais puro
estilo Don Manuel Fraga de captación de votos.
José María Artiaga Díaz
Concelleiro do Partido Galeguista
OCTUBRE 2010
O Partido Galeguista preguntou no pleno de Novembro as seguintes cuestións:
¿ Sabe o goberno a canto ascende a día de hoxe a débeda do Concello aos
arrendadores dos terreos que ocupa o Polígono agrario de Masma? Resposta do
goberno: "Non sei"
¿Ten o Concello algunha idea de cando será posible sintonizar en
Mondoñedo as novas canles do T.D.T ? Resposta do goberno: "Non sei"
¿ É legal a utilización do topónimo " Galiza" en documentos oficiais do
Concello (como sucede con algunha acta de sesión do pleno)? Resposta do
goberno e da secretaría: " Non sei".
Tamén fixemos algúns rogos como os seguintes:
Rogamos ó equipo de goberno que non faga dobre xogo aos veciños de
Vilaoriente no tema das dúas ampliacións encubertas da subestación eléctrica, a Ia
co bipartito anterior (95-99) e a 2a co goberno do PP sobre todo tendo en conta que
é o propio BNG o responsable do plan sectorial no que se amplía a capacidade de
producción eólica na nosa zona, obrigando deste xeito a unha ampliación de
capacidade da polémica subestación de Mondoñedo,dado que a nova subestación
de Estelo non é solución.
Prá rematar criticamos dende o PG que o bipartito actual non teña nunca en
conta ao resto das formacións políticas na elección das escasas obras que se
acometen no rural, pero como se dixo no pleno por parte do goberno "cada equipo
goberna como quere".
Saúde e Terra
Partido Galeguista de Mondoñedo
DICIEMBRE 2010
Partido Galeguista de Mondoñedo
A proximidade das eleccións municipais fainos pensar no Partido Galeguista que
en Mondoñedo tamén se celebra o "Día da marmota" pois non é preciso máis que dar
un paseo pola nosa Cidade e remátalo na Casa do Concello para darnos conta de que
irnos cara atrás.
O "Rodillo" do goberno do 2007 é un xogo de nenos comparado co actual, as rúas
do centro e as vías do rural seguen a presentar unha imaxe lamentable e cun estado
de deterioro vergoñento, a praza da Catedral leva ano e medio asolagada
permanentemente por augas fecais que brotan por entre as pedras coma fontes
provocando unha imaxe patética e un cheiro que no verán é insufrible, pero neste
pobo nunca pasa nada...
Tanto se queixou este goberno do abandono do rural cando eran oposición e salvo un
par de obras realizadas a última hora ó abeiro do "plan E" todo segue igual ou peor.
Na chamada "Casa Grande" tamén se vive no día da marmota pois os cancros
burocráticos, administrativos e urbanísticos seguen enquistados e lastrando o
desenrolo e despegue da nosa Cidade.
O famoso polígono industrial, por fin operativo, segue baleiro, somos conscientes
da terrible situación actual e, precisamente por iso é importantísimo que o Goberno
faga as xestións precisas e os entes empresariais para tratar de poñelo en marcha,
abaratamento do solo, colaboración coas empresas, facilidades administrativas que
fagan atractivo o noso concello para captar a inversión.
O abaratamento do solo industrial é extensible tamén ao urban coa elaboración do
PXOM que se atopa paralizado
A outra gran baza de Mondoñedo é sen lugar a dúbidas o turismo, non
entendemos como dispoñendo de oficina de turismo, arqueólogo municipal, axente
de desenvolvemento local... non se estea a facer unha mellor e mais acertada
promoción da cidade.
A presentación de candidaturas de cara as vindeiras eleccións retrotráenos tamén
e fainos pensar que se non somos quén os mindonienses de sacarnos a venda dos
ollos e cambiar de rumbo para deixar de ir cara atrás e avanzar por fin cara adiante,
estamos condenando non só o noso presente se non tamén o futuro dos nosos fillos
que coma nos últimos 150 anos veranse obrigados a abandonalo pobo para buscarse
o seu futuro en terras máis prósperas e con gobernantes con máis visión que eiquí.
Saúde e Terra
FEBRERO 2011-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)