O Partido Galeguista de Mondoñedo continua a traballar para a mellora ,tanto do
benestar dos veciños da nosa Cidade, como na democratización e transparenci da xestión municipal. Grazas as nosas xestións conseguimos a retirada dos nefastos bolardos do casco histórico
da Cidade. Pero como esta lexislatura non fixo máis que comezar propuxemos, no pleno de agosto, ademais de reiterar puntos anteriores, como a limpeza e aseo do acceso sur da Cidade que continua nun estado bochornoso unha vez que xa pasou o verán, que se teñan en consideración os seguintes puntos:
-Rogamos unha solución para que o persoal laboral que se adica as labores de limpeza das rúas non teña que facer o servizo en roupa de calle.
-Rogamos o bacheo da zona de accesos aos bloques de vivendas da zoa de "Viñas da Veiga".
-Rogamos unha correcta sinalización da Cova do Rei Cintolo, do salto do Encoro así como o resto de lugares de interese do Concello.
-Rogamos que se informe á cidadanía e a os grupos políticos das actuacións dos nosos gobernantes referidas ó Asilo de Anciáns.
-Rogamos que no sucesivo os nomes das empresas ou particulares aos que se lles outorgue algunha licencia ou permiso veñan correctamente escritos, para unha maior transparencia e claridade.
Tamén preguntamos o seguinte:
-¿Cando teñen previsto que chegue a TDT a Mondoñedo? (lembrar que o pleno foi o 30 de Agosto)
-¿Cando teñen previsto o arranxo da curva do "Sábelo"?
Aproveitando tamén estas páxinas, pedímoslle ao gobernó que substitúa ou retire as antiestéticas vallas de obra que se atopan fixadas ao chan fronte o centro comercial Peña de Francia, así como o repintado das marcas viais dos cruces da Avda. de Buenos Aires coa estrada de Meira nos puntos
denominados de "O montón" e "fronte ao chalet de Geada".
En outro orden de cousas, queremos facer fincapé no bo uso político que dende o goberno
se lle está a dar á falla de empuxe e inexperiencia do principal partido da oposición, que por outra banda é o partido mais votado do Concello.
Finalmente o Partido Galeguista de Mondoñedo espera e desexa que a actitude deste goberno, co noso grupo e cos veciños que non van pola súa man, non continúe a sermais propia de mandatarios e rexímenes anteriores, que de os que dicían ían darlle un novo aire democrático ó Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario