Dende o mesmo momento da súa creación, o Partido Galeguista de Mondoñedo sempre
estivo, i estará, a traballar con esforzo na procura da mellora da calidade de vida
de tódolos Mindonienses.
Neste sentido levaremos a pleno, o vindeiro 26 de Xullo 2007, as seguintes mocións, rogos
e preguntas.
-Instamos ao Concello a contactar coas administracións competentes para a elaboración
dun plan de choque que solucione a terrible sangría que significa o tramo da
nacional 624 entre o Mirador a o alto da Xesta.
-Instamos ao Concello a facer as xestións oportunas para poñer en bo uso as instalacións
e o entorno da piscina fluvial da Fervenza, a limpeza dos depósitos, parrillas,
aseos, bancos e mesas... atopándose estes últimos nun estado lamentable.
-Tamén desexamos que o Concello se dirixa ao Organismo competente para o control
do estado das augas e saber o porque da presencia ñas augas dunha espuma
amarela de gran densidade.
-Solicitamos que o Concello habilite algún local na Casa da Cultura para que de forma
permanente, previa solicitude, todas as asociacións existentes na Cidade se poidan
reunir, organizar eventos...
-Rogamos ao Goberno a que interveña na limpeza e aseo do acceso sur da Cidade,
polo Casal e a Tolda, xa que se atopa nun estado selvático. Consideramos que o principal
acceso a Mondoñedo, por Lugo e A Coruña, non pode estar nese estado.
- Pedimos que si este equipo de Goberno tampouco e capaz de rematar o aparcadoiro
e accesos á zoa da Alcántara, que cando menos manteña limpos os accesos aos
Xulgados e ben baladas as interminables obras.
-Instamos ao Goberno a sinalizar por toda a Cidade os espacios de interese, aparcadoiros
e demais servicios públicos.
-Instamos ao goberno a redactar unha ordenanza municipal que permita retirar, cando
sexa preciso, cunha grúa os vehículos que impidan a transito na Cidade.
-Pedimos a urxente intervención do concello no arranxo e mellora dos deteriorados
xogos infantís do parque da Praza do Seminario, asi mesmo e atendendo a demanda
dos usuarios, solicitamos a colocación dunha porta ou cancela no acceso ao parque
pola rúa da Imprenta, dito acceso supón un evidente perigo para os nenos que poden
saír correndo a unha rúa pola que pasan vehículos a cotío e non conta con beiraruas.
-Solicitamos a inmediata recolocación do espello do cruce de saída da PAC coa avda.
Carlos Folgueira. Dito espello leva meses descolocado e non permite unha correcta
visibilidade nun cruce tan perigoso.
-Solicitamos a urxente restauración do mobiliario urbano, papeleiras ..., que dende a
súa colocación non foron recuperados e as poucas que sobreviven atópanse moi
deterioradas.
-Queremos denunciar ante as administracións. o lamentable estado de afundimento
do polígono industrial, que se fai máis evidente coa construcción da rotonda de acceso
norte á Cidade. Neste polígono tíñanse que ter aportado 200.000 m3 de recheo e
non se botaron nin a metade, ignoramos o destino dos cartos necesarios para ese
recheo, toda vez que non se fixo ningunha mellora nas instalacións nin nas infraestructuras.
-Queremos saber cando teñen previsto realizar a tan prometida auditoría.
-Queremos saber tamén si teñen previsto retirar os nefastos bolardos do centro histórico,
e cando o pensan facer.
Saude e terra
No hay comentarios:
Publicar un comentario