Queremos por este medio facerlle chegar as nosas consideracións á súa xestión ao frente de este colectivo, en base as actuacións e modo de levalas a cabo pola súa persoa.
As nosas criticas, son e serán sempre constructivas en base de alcanzar un obxetivo común que non e outro que volver a situar ao Partido Popular de Mondoñedo no lugar que lle corresponde.
E para eso comunicamoslle o seguinte: Dado que o noso partido e rico e variado en ideas e proxectos, pensamos que deben ser escoitados sempre e non descartados porque en ese momento puidesen ser politicamente incorrectos. Como puido comprobar, as eleccións non se gañan con caras bonitas nin con botiquíns, senón dicindo a verdade á xente e demostrando que somos capaces de levar a cabo tódalas propostas que lles facemos.
Sabemos que o bipartido que goberna o noso concello, non está facendo as cousas ben, sobretodo no ámbito económico, pero as súas propostas se nos antoxan pouco cribles ou demasiado demagóxicas.
Non é de recibo que intente monopolizar as nosas ideas despois dos nefastos resultados electorais que acadou en xa dúas convocatorias. Creemos que hai novas ideas e novas formas de levalas a cabo, máis acordes ca realidade económica e social que nos toca vivir.
A tal fin consideramos que a súa actitude non reflexa os principios de austeridade e de moderación salarial que desde a dirección nacional do partido, Mariano Rajoy lle está a propoñer aos españois.
Como sabe, pedir aos membros do bipartito que se quiten dedicacións cando vostede lle costa o erario público o mesmo a cambio dunha xornada laboral moito menor, polo menos parecenos dun planteamento hipócrita.
Por outro lado consideramos impropio e rayando no cinismo que vostede vaia a pedir aos nosos concidadáns o voto para o próximo 20N, dado que moita xente se encontra en paro ou con un salario que apenas rebasa os 700 euros por cuarenta hora semanais, mentras vostede disfruta dunha remuneración económica que non ten nada que ver co momento que nos toca vivir, e que no ámbito privado lle podemos asegurar que se invirten hasta 15 horas diarias para acadalo.
Non estamos dacordo ; como pasou na última convocatoria, que desde a dirección provincial do partido se decida quen vai ser o candidato ,sin contar cas bases nin sequiera cos afiliados.
Recordolle a súa negativa en principio e o seu cambio de decisión máis tarde, non sabemos si alentada por presuntas promesas do posto que ahora ocupa.
E si foi así, asegurarlle que os intereses persoais sacrificaron unha presunta mayoría nesta cidade, dado que posiblemente calquera outro candidato acadaría mellores resultados.
Recomendarlle tamén que non faga do PP un clan, senon un partido aberto á participación e dando opcións a xente con iniciativa, e se deixe de rodear de algúns aduladores oportunistas que pouco ou nada teñen que ver coas nosas ideas.
E por último, pedirlle que renuncie a representar a este partido, que abandoe os cargos que agora ostenta, para que podamos encontrar a unha persoa que UNA E ILUSIONE a todos os simpatizantes e afiliados, como recordamos de épocas ben recentes, nas que fomos capaces de acadar grandes cotas de aceptación popular. Regrese ao seu lugar de base por que non nos sentimos representados.
Si todo esto non ocurre, corremos o risco de que se constituya unha formación política de ámbito local, que representaría un antes e un despois no PP de Mondoñedo, e que consideramos seria nefasto para os nosos intereses.
Salvo que vostede se queira volver a presentar co única fin de obter unha excusa máis ca que defender a súa xestión ante unha máis que probable derrota.
Tivo as súas oportunidades e non soubo aproveitalas.
Agora pase páxina, para que todos podamos facelo.
Este blog é un medio de comunicación e difusión do partido CONVERXENCIA GALEGA DE MONDOÑEDO onde terán información da nosa actividade política na nosa cidade. É un espacio aberto para suxerencias que quera facer calquer veciño co fin de recopilar os problemas máis destacables que temos que solucionar pensando no ben de todos e no interés xeral. O NOSO E-MAIL: converxenciagalegamondonedo@gmail.com. FACEBOOK: converxencia galega mondonedo
No hay comentarios:
Publicar un comentario