jueves, 2 de junio de 2011

COMUNICADO

Hai uns días tivemos unha cita ineludible coas urnas, onde tiñamos a enorme responsabilidade de escoller ós que van ser os nosos Alcaldes e os Concelleiros que nos van a representar nos diferentes Concellos de todo o país. A esa cita Converxencia Galega presentouse con moitos factores en contra: por un lado a forte movilización do electorado da dereita como castigo ás nefastas políticas do Goberno do Estado; e por outro lado, carecíamos dos  medios económicos cos que contan os grandes partidos ademáis de ter algún que outro medio de comunicación en contra; por non falar do pouco tempo que tivemos dende a nosa refundación e posta en marcha. Pero todo isto non foi quen de frear os ánimos e as ilusións dun amplo grupo de persoas capitaneadas polo noso incombustible Presidente, Xoán Gato.
Futuro con Converxencia GalegaEsas ilusións, esas ansias por cambiar o rumbo hacia o desastre ó que nos están levando os dous grandes partidos do país, son as mesmas que tiña hai xa máis de 25 anos, cando con apenas 35, Xoán Gato entraba no Concello de Narón, remando contra vento e marea e desoíndo a aqueles que lle decían que desistise do seu empeño. Él loitou sen descanso, traballou arreo perseguindo o que para uns era un soño e para outros unha utopía. Con traballo e constancia fíxose dese soño unha realidade, e hoxe, mais de 25 anos despois todos podemos ver o que é Narón, e o que supón para toda a comarca nestes duros anos de crise económica. Este é o espíritu co que comeza Converxencia Galega a dar os seus primeiros pasos.
Podemos dicir que só as persoas que traballan e cren realmente nas posibilidades que temos, no enorme potencial que ten a nosa terra e as nosas xentes son quen de iniciar camiños de esperanza neste país acomplexado por aqueles que levan anos dicíndonos que non podemos ser como cataláns e vascos, aqueles que nos dín: “¿A dónde van estos gallegos?”.
Nós revelámosnos contra isto e cremos que non somos menos que ninguén, e por iso continuaremos loitando.
Agora é o momento de darvos o noso máis afectuoso agradecemento a todos aqueles que nos votaron o pasado 22 de maio e a todos aqueles que aínda non o fixeron pero que de seguro o farán nun futuro moi próximo. Sen esquecer ós nosos compañeiros que traballaron moi duramente nas nosas candidaturas. A todos vos, grazas.
Para todos vos continuaremos traballando na construcción dun proxecto común, ambicioso e ilusionante para o conxunto do país. Comenza por tanto unha nova singladura nun barco no que collemos todos e que ten sen dúbida o mellor capitán.
Está todo por facer, ¿comezamos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario