martes, 14 de junio de 2011

''Primaremos as necesidades da xente en vez das grandes obras''

Orlando González Cruz, alcalde de Mondoñedo


Fotos

González Cruz. álvez (ama)
González Cruz. álvez (ama)
12/06/2011 - El Progreso (Mondoñedo)
O BIPARTITO de Mondoñedo volverá a ostentar o poder durante outros catro anos, a pesar dos continuos intentos dos populares por facerse coa alcaldía a toda costa, incluso ofrecendo a ambas formacións sendos postos na comisión de goberno e loitando ata o final con reunións con nacionalistas e socialistas. O alcalde, o nacionalista Orlando González Cruz mostrou onte a súa satisfacción por poder repetir mandato.
Finalmente un dos bipartitos mellor avenidos, repite.Si. É algo histórico para Mondoñedo que un grupo de esquerda e nacionalista goberne outros catro anos, algo impensable fai uns anos. Iso di moito do concello e estou moi orgulloso de repetir como alcalde do meu pobo.
Como se plantexa estes catro anos de mandato?Serán tempos dificiles pola situación de crise e polo endeudamento que sufrimos no concello, pero traballaremos dándolle prioridade as cousas importantes e as necesidades da xente. Os servizos sociais van ser unha parte importante do noso traballo, algo que quizais non se vexa moito pero é moi preciso. Non pensamos en grandes obras senón en estar ó lado dos veciños.
Cales serán os primeiros proxectos que vai poñer en marcha?O máis inmediato é traballar para conseguir un centro de día e unha gardería.
Haberá cambios na formación do goberno?Non, máis ou menos vaise manter a estructura dos outros catro anos. Modesto Díaz, o candidato do PSOE, continuará sendo o tenente de alcalde y en líneas xerais seguirá todo igual. Tamén lle abrimos as portas ó PP para que faga unha oposición construtiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario