jueves, 2 de junio de 2011

ZAPATERO VERSUS RAJOY (MATEMATICAMENTE FALANDO)

Non se pode dicir que leven vidas paralelas pero si que se moven en círculos viciosos, teñen intereses ortogonais e desempeñan cargos homólogos nos seus partidos.
Actúan con distintos parámetros, un insiste en que dous e dous son catro, e mesmo poden ser cinco a pouco que o intentemos, e o outro desde un ángulo obtuso contesta con retranca “multiplícate por cero”, nunha pelexa dialéctica sen solución de continuidade.
Intuímos que será difícil que Zapatero poida resolver a cuadratura do círculo pero ¿quen se vai fiar de Rajoy, un tipo tan acostumado a saírse pola tanxente?

a cova do raposo

No hay comentarios:

Publicar un comentario